Por Resolución desta Alcaldía núm. 502/2020 de 6 de maio de 2020, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020,
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE PEÓNS ALBANEIS PARA A CUADRILLA DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS, 2020 E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA PEL/CONCELLOS 2020
1 Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto esta convocatoria a provisión mediante contrato laboral de duración determinada de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.
2 Características do posto
- Área de subscrición: Obras
- Denominación do posto: peón albanel
- Prazas: 6
- Duración: 5 meses
- Grupo: V
- Soldo: 1109,01 €
- Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo.
- Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
- Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.