ANUNCIO
Por acordo da Xunta de Goberno Local do 13 de decembro de 2012 foron aprobadas as Bases Reguladoras e Convocatoria de Axudas para a Rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación do casco histórico da Vila de Muros correspondentes á Fase 10ª, publicadas no BOP nº 11, do 16 de xaneiro de 2013. Do total de 41.778,87 €, quedaron sen executar 10.476,45 €.
As axudas consisten en subvencións a fondo perdido do custo das actuacións de rehabilitación.
As axudas a conceder serán as seguintes:
1.–Axudas sobre o importe da execución das obras de rehabilitación de vivendas e de edificios destinados a vivenda unifamiliar, incluídas as obras en elementos comúns que acompañen complementariamente ás de rehabilitación de vivenda.
2.–Axudas para a execución de obras para os elementos comúns dos edificios de vivendas (fachadas, incluídas carpinterías de madeira e elementos de interese arquitectónico), o importe máximo do 25% do custo das obras executadas.
A contía máxima das subvencións determinarase en función dos ingresos familiares ponderados (IFP) dos solicitantes cando estes teñan constituída a súa residencia habitual e permanente nas vivendas a rehabilitar ou estas se rehabiliten con tal fin, aplicando os seguintes tipos de subvención:
IFP < 21.000 euros. Tipo de subvención: 50%.
IFP ≤ 33.000 euros. Tipo de subvención: 40%.
IFP > 33.000 euros. Tipo de subvención: 30%.
En ningún caso a contía máxima da subvención non poderá exceder de 11.600 € por vivenda.
As solicitudes deberán presentarse en instancia normalizada acompañada da documentación indicada na base 9ª.
Poderase obter información na Oficina de Rehabilitación do Concello.
O Prazo para presentar as solicitude é desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ata o esgotamento do crédito orzamentario, e como máximo ata o 31 de xullo de 2023, e as actuacións subvencionadas teñen que estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2023.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/02/02/2023_0000000554.pdf