Preinscrición: Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025.
A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:
- Formulario de inscrición: https://forms.gle/d1wKTSx5HaU8XFzB7
Matrícula: Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos)
Inicio das actividades: As actividades darán comezo a partir do luns 13 de outubro de 2025.
1. Datos xerais
- Os obradoiros culturais nos que poden inscribirse as persoas interesadas para o curso 2025/26 son os seguintes:
| PARROQUIA/LUGAR | ACTIVIDADE |
| Esteiro | Arte floral, bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais |
| Tal | Bordado e traballos manuais |
| Abelleira | Bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais |
| Torea | Traballos manuais |
| Serres | Bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais |
| Muros | Arte floral, bordado, costura e encaixe de bolillos |
| Gravado e pintura | |
| Teatro | |
| Traballos manuais | |
| Cociña | |
| Louro | Bordado e traballos manuais |
| Trasdacosta | Bordado |
- Se existise unha alta demanda para participar nun obradoiro non incluído na relación inicial, valorarase a posibilidade de organizalo na parroquia onde se concentre o maior número de solicitudes.
- As idades esixidas para participar nas actividades son:
- Obradoiros culturais dirixidos a nenas/os:
| ACTIVIDADE | ANO DE NACEMENTO |
| Teatro | Do 2018 ao 2014 (ambos incluídos) |
| Pintura | Do 2018 ao 2014 (ambos incluídos) |
Os obradoiros culturais de teatro e pintura dirixidos a nenos e nenas poderanse axustar ás idades de corte en función da demanda existente, sempre dentro dos anos establecidos para participar, que van desde 2018 ata 2014. Este axuste permitirá garantir a formación de grupos equilibrados e unha mellor experiencia para as/os nenas/os participantes.
- Obradoiros culturais dirixidos a mozas/os e persoas adultas:
| ACTIVIDADE | ANO DE NACEMENTO |
| Teatro | 2013 ou anteriores |
| Pintura | 2013 ou anteriores |
| Traballos manuais, gravado e saberes tradicionais | 2013 ou anteriores |
| Arte floral, bordado, cociña, costura e encaixe de bolillos | 2011 ou anteriores |
2. Prazos
| PROCEDEMENTO | DATAS |
| Preinscrición | Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025 |
| Publicación dos horarios | 22 de setembro de 2025 |
| Matrícula | Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos) |
| Inicio das actividades | 13 de outubro de 2025 |
3. Preinscrición: Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025
- Ábrese o prazo de preinscrición do 8 de setembro ao 18 de setembro.
Esta preinscrición é persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:
- Formulario de inscrición: https://forms.gle/d1wKTSx5HaU8XFzB7
No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
- Só se formarán grupos que acaden un mínimo de 10 persoas inscritas.
- As persoas inscritas en actividades que non formen grupo por non alcanzar o número mínimo poderán optar por outro grupo ou actividade.
- Os obradoiros culturais que se constitúan, así como os seus horarios, publicaranse o 22 de setembro de 2025.
* Excepción para o “Obradoiro de cociña”: durante a preinscrición, as persoas solicitantes deberán indicar a súa preferencia para acudir ao obradoiro en quenda de mañá ou de tarde. Na medida do posible respectaranse estas preferencias, aínda que se favorecerá sempre o equilibrio no número de participantes por grupos.
4. Matrícula: Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos)
- Para formalizar a matrícula, as persoas inscritas deberán consultar a constitución dos grupos e os seus horarios a través dos seguintes medios:
- No Centro Cultural e Xuvenil de Muros
- No 981 762 294
- Na páxina web do Concello de Muros: www.muros.gal
Unha vez consultada a información, poderá realizarse o ingreso da cota de 30,00 € por actividade e persoa no número de conta indicado. Este pagamento permitirá participar nos obradoiros nos que se prescribiu e se constituíran grupo.
- Se despois de formalizar a matrícula algunha persoa non puidera asistir ás clases, non terá dereito á devolución da cota nin á substitución directa por outra persoa.
- Non se poderá mudar de obradoiro unha vez iniciado.
5. Prazas vacantes: Do 27 ao 30 de outubro de 2025
- Nos grupos que queden prazas libres poderán matricularse outras persoas do 27 ao 30 de outubro de 2025 no Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
6. Comezo das actividades
- As actividades darán comezo a partir do luns 13 de outubro de 2025.
7. Outras condicións
- No caso de excesiva demanda para algunha das actividades darase prioridade ás persoas empadroadas no Concello de Muros.
- Respectaranse as medidas sanitarias, de seguridade e civismo establecidas en cada momento.
- Calquera outra circunstancia relativa aos obradoiros culturais que non apareza nestas bases será tratada de xeito individual, previa presentación de solicitude da persoa interesada.