O Concello de Muros abre o prazo de inscrición para o Mercado Mariñeiro de “Muros Mira ao Mar” 2026

O Concello de Muros vén de abrir o prazo de solicitude para participar no Mercado Mariñeiro Tradicional das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, que se celebrarán os días 10, 11 e 12 de xullo de 2026.

Este mercado constitúe un dos eixos principais da programación, coa finalidade de recrear o ambiente dun mercado mariñeiro tradicional, poñendo en valor a cultura marítima local e contribuíndo á dinamización social, cultural e económica do municipio.

Poderán participar establecementos locais, asociacións e entidades do Concello de Muros, que deberán presentar as súas solicitudes entre o 6 e o 20 de abril, a través do rexistro municipal ou da sede electrónica, conforme ás bases reguladoras publicadas.

Bases para autónomos e empresas (só comercio local):

Bases participación comercio local

Anexo comercio local

Bases para asociacións, clubs e entidades municipais:

Bases asociacións e entidades

Anexo asociacións e entidades

A iniciativa busca implicar ao tecido social e económico do municipio nun evento que cada ano reúne a numeroso público e que se consolida como unha das citas culturais máis destacadas do calendario local.

Dende o Concello anímase á participación nesta proposta, que contribúe a poñer en valor a identidade mariñeira de Muros e a fortalecer a actividade cultural e económica da vila durante a celebración das xornadas.