O cine regresa ao auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros a partir do venres 6 de xuño, despois de máis de 15 anos sen proxeccións cinematográficas regulares no noso concello. Este regreso faise posible grazas á compra dun videoproxector dixital profesional por parte do Concello de Muros, unha aposta pola cultura accesible e de calidade para toda a veciñanza.
A primeira proxección será a da película “Antes de Nós”, dirixida por Ángeles Huerta, un filme con forte compoñente emocional e histórico no que Muros foi un dos escenarios principais. A película retrata dous momentos na vida de Castelao e a súa muller Virxinia, entre a gripe de 1918 e unha viaxe por Bretaña en 1929, antes de que el se convertese no Castelao da “Xeración Nós”.
Ademais, pensando no público familiar, tamén se proxectará “Una película de Minecraft”, unha divertida aventura chea de imaxinación e mensaxes sobre a creatividade e a superación persoal.
HORARIOS DAS PROXECCIÓNS

ANTES DE NÓS
- Venres, 6 de xuño ás 21:00 h
- Sábado, 7 de xuño ás 20:00 h e 22:15 h
- Domingo, 8 de xuño ás 19:30 h
