O CINE CONTINÚA EN MUROS COAS PROXECCIÓNS DO 13 AO 15 DE XUÑO

Esta fin de semana traemos comedia para adultos e aventura para toda a familia:

🎥 UN FUNERAL DE LOCOS

Comedia española que nos presenta un velorio que vai por derroteiros inesperados. A familia reúnese para despedir ao patriarca, pero todo se complica cando sae á luz un segredo que o defunto gardaba celosamente. Unha xuntanza que acaba converténdose nunha auténtica tolemia chea de malentendidos e situacións disparatadas.
▪️ Venres, 13 de xuño ás 21:00 h
▪️ Sábado, 14 de xuño ás 20:00 h e 22:15 h
▪️ Domingo, 15 de xuño ás 19:30 h
Entradas: https://buff.ly/d1ewRIj

🎥 KAYARA, LA GUERRERA DEL IMPERIO INCA

Unha película de animación que nos traslada ao corazón do antigo Perú. Kayara, unha moza valente e decidida, soña con ser mensaxeira Chasqui, un rol reservado só aos homes. Loitando contra as normas do seu tempo, embarcarase nunha viaxe épica para demostrar que tamén pode ocupar un lugar no corazón do imperio.
▪️ Sábado, 14 de xuño ás 17:00 h
▪️ Domingo, 15 de xuño ás 17:00 h
Entradas: https://buff.ly/AyjrWUP