O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa coa súa programación cinematográfica cunha nova fin de semana de cine pensada para todos os públicos, coa proxección de “La familia Benetón +2” e “Maracuda”.
Por unha banda, chegará “La familia Benetón +2”, a nova entrega da comedia familiar protagonizada por Leo Harlem. A película continúa as aventuras da peculiar familia Benetón, que verá como a súa rutina cambia por completo coa chegada de dous novos bebés, multiplicando os enredos e situacións cómicas.
As sesións desta película terán lugar o sábado 16 de maio ás 20.30 horas e o domingo 17 de maio ás 19.00 horas.
A programación complétase con “Maracuda”, unha proposta de animación e aventuras ambientada na Idade de Pedra. O filme segue a historia de Maracuda, fillo dun líder tribal, que emprende unha viaxe chea de criaturas sorprendentes e desafíos xunto a un misterioso paxaro extraterrestre.
As proxeccións de “Maracuda” serán o sábado 16 de maio ás 18.00 horas e o domingo 17 de maio ás 17.00 horas.
A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a importancia de ofrecer unha programación variada para diferentes públicos: “Seguimos apostando por un cine accesible e diverso, con propostas pensadas tanto para o público familiar como para quen busca pasar unha fin de semana de lecer e cultura no auditorio”.
As entradas están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

