MÚSICA | Xoán Curiel e Charo Pita “Canta miña pedra, canta”

Xoán Curiel e Charo Pita “Canta miña pedra, canta”
| Sábado, 9 de decembro ás 18.00 h
| Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
| Entrada: 2,50 €
| Reservas: https://buff.ly/3Rqsxj7

“Canta miña pedra canta”, un espectáculo familiar dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que levarán adiante o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, baixo xestión da Editorial Galaxia. Xoán Curiel volve ao Falaredes acompañado nesta ocasión da narradora e contadora Charo Pita. A actividade vira ao redor dos relatos populares galegos e de cancións que don Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.