CONCELLO
- | 981 826 050
- | alcaldia@muros.es
-
| Concello de Muros
| Curro da Praza, 1
| 15250 Muros
Etapa 13 | Muros – Miradoiro do Ézaro. Dumbría (CRI)
03/11/2020 – Etapa 13 – 33,7 km – Contrarreloxo individual
Muros será punto de partida dunha crono chea de incógnitas e cun percorrido de 33,7 km. Será unha etapa para especialistas nun terreo chan que discorrerá á beira do mar, con vento previsiblemente de fronte. Os contrarreloxistas partirán cunha gran vantaxe con respecto aos escaladores. A subida final ao miradoiro do Ézaro (1,5 km) podería favorecer os cambios de bici: de contrarreloxo a “carretera”.
NOVAS E BANDOS
DEPORTES | Nas seguintes ligazóns podes volver a ver a retransmisión da etapa Muros – Miradoiro do Ézaro. Dumbría – Etapa 13 03/11/2020
La Vuelta – Muros > Miradoiro do Ézaro. Dumbría – Etapa 13 03/11/2020 (martes) – 33,7 km – CRI Nas seguintes ligazóns podes volver a ver a retransmisión da etapa de onte de RTVE: Teledeporte ➡️ https://www.rtve.es/alacarta/videos/vuelta-ciclista-a-espana/vuelta-ciclista-espana-2020-13-etapa/5703575/ La 1 ➡️ https://www.rtve.es/alacarta/videos/vuelta-ciclista-a-espana/vuelta-ciclista-espana-2020-13-etapa-muros-mirador-ezaro-dumbria-2/5703647/
BANDO | Bando municipal (modificación) sobre a prohibición de estacionamento durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro
O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo martes 3 de novembro con motivo do celebración da 13ª etapa de LA VUELTA 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo, FAGO SABER: PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO Zona vermella Dende: ás 20.00 h do sábado 31 de outubro…
BANDO | Bando municipal sobre o corte da estrada comarcal AC 550 durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro
Infórmase á veciñanza que o vindeiro martes 3 de novembro con motivo da celebración da 13ª etapa de VUELTA A ESPAÑA 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo a estrada comarcal AC 550 permanecerá cortada ao tráfico. Día: martes, 3 de novembro de 2020Estrada cortada: AC550 a partir do…
BANDO | Bando municipal sobre as limitacións de estacionamento durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro
O Concello de Muros pon en coñecemento da veciñanza que o próximo martes 3 de novembro con motivo da celebración da 13ª etapa de La Vuelta 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo: Queda PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO: – Dende: as 20.00 h do sábado 31 de outubro– Ata: as 20.00 h do martes…
BANDO | Bando municipal sobre as limitacións durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro
Prezadas veciñas e veciños, O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo 3 de novembro a vila de Muros será lugar da saída da 13ª etapa da La Vuelta España 2020 que rematará no miradoiro do Ézaro, un acontecemento único que suporá unha repercusión mediática a nivel mundial. Ademais, esta etapa terá…
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN
CONSELLOS E MEDIDAS
DATOS DA PROBA
Día | martes |
Data | 3 de novembro de 2020 |
Lugar da saída | zona da lonxa vella de Muros |
Horario do corte AC550 (dende a rotonda da Tremenda dirección Cee) | de 11.00 h a 18.00 h |
Horario da saída |
|
1º corredor | 13.33 h |
Último corredor | 16.39 h (pode variar) |
Frecuencia de saída dos corredores | cada 1 minutos |
Saída dos 20 últimos corredores | cada 2 minutos |
Número da etapa | 13ª |
Tipo de etapa | contrareloxo individual |
Quilómetros | 33,7 km |
Etapa anterior | Pola de Laviana – Alto L’Angliru (Asturias) |
Día anterior | xornada de descanso |
Etapas que resten cando finalice | 5 |
COMO VECIÑO/A #LaVuelta20EnCasa
- Non acudas á liña de saída, quédate na túa casa e segue a etapa pola televisión.
- O obxectivo é evitar calquera tipo de aglomeración de público ao redor do evento.
- Organiza o uso do teu vehículo con antelación.
- Cumpre as medidas de seguridade en todo momento, de todas as persoas depende que a actividade sexa un éxito.
- Os aparcamentos máis usuais da vila de Muros non se poderán usar.
- As zonas de aparcamento prohibido (ver plano) comezarán a desafectarse/baleirarse dende as 20.00 h do sábado 31 de outubro.
- Consulta os lugares nos que podes estacionar o vehículo, o plano e os tipos de zona de aparcamento (dinámicas e estáticas).
- Se tes que desprazarte o 3 de novembro, planifica a túa viaxe con antelación e ten en conta que a estrada AC 550 estará pechada ao tráfico de 11.00 h a 18.00 h dende o punto quilométrico 42,0 (rotonda da Tremenda) en dirección a Cee.
- O paso pola estrada que vai de Muros – Miraflores – Alivía – ata o parque empresarial de Serres só se usará por causa de forza maior e para cuestións imprescindible e necesarias.
COMO ESPECTADOR/A
- Campaña de sensibilización, QUÉDATE NA CASA #LaVuelta20EnCasa
Moi ao noso pesar, temos que pedirche que debido á crise sanitaria pola COVID19 te quedes na casa e sigas a etapa pola TV, co obxectivo de evitar aglomeracións nos puntos clave de seguimento da etapa.
MEDIDAS COVID19
- Evita todo tipo de aglomeracións
- Usa obrigatoriamente a máscara
- Está prohibido pedir autógrafos aos corredores
- Está prohibido facerse selfies cos corredores
- Mantén a distancia interpersoal de 2 metros
- Hixienízate frecuentemente as mans
- Recomendamos a instalación no teu móbil da app Radar COVID e passCOVID
PREGUNTAS FRECUENTES
Dende que hora estará pechada a AC 550?
A AC 550 pecharase ao tráfico de 11.00 h a 18.00 h dende o punto quilométrico 42,00 (rotonda da Tremenda) en dirección a Cee.
Que tramo da AC 550 estará pechada?
A AC 550 estará pechada ao tráfico dende o punto quilométrico 42,00 (rotonda da Tremenda – Muros) ata o desvío da subida ao miradoiro do Ézaro.
Podo desprazarme pola AC 550 dirección a Santiago de Compostela nese día?
Si.
Antes das 11.00 h do 03/11/2020 sen restricións.
Dende as 11.00 h e ata as 18.00 h do 03/11/2020, sempre que teñas estacionado o teu vehículo nalgunha das zonas de estacionamento consideradas como “dinámicas” (parque empresarial, centro de saúde/piscina e Muíño de Mareas do Pozo do Cachón).
Podo desprazarme pola AC 550 dirección Cee (Louro) nese día?
Si.
Antes das 11.00 h do 03/11/2020 sen restricións.
Dende as 11.00 h e ata as 18.00 h do 03/11/2020
- A Louro: en transporte-lanzadeira dende o parque empresarial
- A Cee: pola AC 400
Podo desprazarme pola AC 400 dirección á Coruña nese día?
Si.
Antes das 11.00 h do 03/11/2020 sen restricións.
Dende as 11.00 h e ata as 18.00 h do 03/11/2020, sempre que teñas estacionado o teu vehículo nalgunha das zonas de estacionamento consideradas como “dinámicas” (parque empresarial, centro saúde/piscina e Muíño de Mareas do Pozo do Cachón).
Onde teño que estacionar o meu vehículo?
Nos lugares que aparecen no plano (lugares de estacionamento) sendo o máis conveniente que deixes o teu vehículo no parque empresarial de Serres. Alí, contarás co servizo de transporte-lanzadeira ata as proximidades da vila de Muros.
Que pasa se ese día teño que vir traballar a Muros?
Se vés dende Santiago de Compostela ou dalgún lugar desa dirección deberás deixar o teu vehículo no parque empresarial de Serres e usar o servizo de transporte-lanzadeira.
Se vés dende Cee ou dalgún lugar desa dirección deberás deixar o teu vehículo no parque empresarial de Serres e usar o servizo de transporte-lanzadeira.
Onde podo aparcar?
As zonas habilitadas para aparcar son as seguintes (ver plano):
Zonas dinámicas: poderás mover o teu vehículo entre as 11.00 h e as 18.00 h.
- Parque empresarial de Serres
- Muíño de Mareas do Pozo do Cachón
- Zona da piscina municipal e centro médico
Zonas estáticas: non poderás movelo dende as 11.00 h ata as 18.00 h:
- Zona do Cabo (lugar próximo ao restaurante A Esmorga)
- A Vouga
- San Francisco
- Ancoradoiro
- Pavillón de Miraflores
- Cemiterio da Atalaia
Dende cando non podo aparcar o meu vehículo na zona portuaria de Muros?
Zona vermella
Dende: ás 20.00 h do sábado 31 de outubro
Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro
Zona: porto de Muros
Zona laranxa
Dende: ás 20.00 h do luns 1 de novembro
Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro
Zona: estrada Miraflores, rúa Alameda, rúa Real, avenida Castelao, rúa Cabo, campo da Lúa… (ver mapa)
Podo saír do lugar onde teño estacionado o vehículo o propio día da etapa?
– Ata as 11.00 h do 03/11/2020: sen restricións
– De 11.00 h a 18.00 h do 03/11/2020:
Zonas dinámicas de estacionamento: si
Zonas estáticas de estacionamento: non
Se quero acceder á miña embarcación, podo acceder ás zonas portuarias de Muros?
Non, só as persoas autorizadas.
Cal é a frecuencia do bus lanzadeira que sae do parque empresarial de Serres (rotonda de Ventín)?
O 3/11/2020 dende ás 7:15 h.
Frecuencia: cada10 minutos aprox.
En que lugares fará parada o transporte-lanzadeira?
Saída dende o parque empresarial de Serres (rotonda de Ventín) e parada no Centro de Día de Muros, se houbese demanda, tamén poderá ir ata Campo de Cortes e Louro.