II PREMIOS DO DEPORTE DO CONCELLO DE MUROS

O Concello de Muros, a través da Concellería de Deportes, quere premiar aos distintos clubs, entidades, deportistas… con relevancia no municipio, polos éxitos obtidos e o labor deportivo realizado no ano 2025. Considérase relevante este recoñecemento, para continuar co obxectivo primordial desta Concellaría que é o fomento do deporte e para motivar aos clubs e deportistas valorando a súa dedicación, constancia e esforzo no ámbito deportivo.

O obxectivo principal da II Gala do Deporte do Concello de Muros é recoñecer publicamente o esforzo, dedicación, entrega e en definitiva os valores que representan o deporte.

O prazo para a presentación das candidaturas, que se formalizarán no modelo oficial correspondente que se incorpora a esta convocatoria, será ata ás 14:00 h do venres 28 de novembro de 2025.

Data e lugar de celebración da II Gala do Deporte ano 2025:

  • Día: Sábado, 20 de decembro de 2025
  • Lugar: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil
  • Hora: 18:00 h

________