O Concello de Muros fomenta o emprego xuvenil co apoio da Unión Europea

O Concello de Muros contratou unha persoa moza como auxiliar administrativo, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 da
Xunta de Galicia, co obxectivo de favorecer a inserción laboral, a adquisición de experiencia profesional e a mellora da
empregabilidade xuvenil.

Esta actuación, que permitiu a contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, está
cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.