Programa de emprego dirixido a personas desempregadas de longa duración, levado a cabo pola Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial (EOI), en colaboración coa empresa O Fogar do Santiso.
As persoas participantes terán unha formación práctica, rotando por diferentes postos e sectores dentro dunha empresa, co obxectivo de fomentar o autocoñecemento e achegar a formación á empresa. Tamén se inclúe un bloque de competencias xerais e orientación laboral individual.
- Requisitos: persoas desempregadas de longa duración, é dicir, que dos últimos 18 meses leven 12 sen traballar e inscritos no SEPE.
- Datas: 9 de maio de 2022
- Duración: 2 meses
- Localización: A formación levarase a cabo na sede de Paideia na Escravitude (Padrón) e nas instalación do Fogar do Santiso (Teo)
- O programa é gratuíto e non supón ningún custe para as persoas que participan.
- Máis información en: https://www.deloa.es/emprego-en-verde/
Inscricións cubrindo este formulario: https://www.paideia.es/empleo-juvenil/#formulario_juventud
ou contactando a través de:
- Teléfono: 981 817 000 / 981 223 927
- WhatsApp: 618 408 949
- Correo electrónico: antear@paideia.es