Dentro do PEL-Emprego Sustentable no ámbito rural 2021-2023 da Deputación da Coruña está previsto impartir as seguintes accións formativas:
- Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións (592 horas, 6 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).
- Xestión de chamadas de Teleasistencia (460 horas, 4 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).
- Dinamización Comunitaria (692 horas, 6 meses e medio aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 3).
- Guía de Itinerarios de Baixa e Media montaña (762 horas, 7 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).
DESTINATARIOS/AS. Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o nivel académico mínimo e que amosen algunha das seguintes situacións:
- Ter cumpridos os 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes)
- Habitar en zonas consideradas rurais.
- Posuír a formación esixida para o acceso ao certificado de profesionalidade. Na seguinte ligazón, poderá consultar os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de NIVEL 2 e de NIVEL 3.
Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración (PLD): en situación de desemprego durante mais de 6 meses continuos si son persoas menores de 25 anos ou durante mais de 12 meses continuos si teñen unha idade igual ou superior a 25 anos.
- Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ)
- Persoas maiores de 55 anos.
- Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
- Persoas inmigrantes.
- Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
- Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada (pode descargalo dende a sede electrónica: https://sede.muros.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/index.html#pel_sustentable ).
- Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
- Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
- No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
- Certificado ou Volante de empadroamento.
- Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
- Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
- Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego.
- Declaración responsable da persoa solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente.
- Acreditación das titulacións ou certificacións que permitan o acceso a certificados de profesionalidade do nivel correspondente.
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN:
- Inscrición e presentación das solicitudes
- Baremación de criterios de carácter xeral
- Entrevista persoal
CENTROS NOS QUE SE IMPARTIRÁ A FORMACIÓN. Achégase documento coa relación de centros.
PRAZO. As persoas de Muros poderán presesentar a documentación no servizo de orientación laboral (atención ao público presencial luns e martes) no prazo límite indicado:
- Atención sociosanitaria_norte (3 edicións): 3 de setembro as 14:00 horas
- Atención sociosanitaria_sur (2 edicións): 13 de agosto as 14:00 horas. As persoas interesadas nesta acción formativa contacten a maior brevidade posible co servizo de orientación (orientacion.laboral@outes.gal ou no teléfono 981 826 050)
- Xestión de chamadas de teleasistencia (1 edición): 3 de setembro as 14:00 horas
- Dinamización Comunitaria (3 edicións): 3 de setembro as 14:00 horas
- Guía por itinerarios de baixa e media montaña (2 edicións): 17 de setembro as 14:00 horas.