INSCRICIÓN:
O prazo de solicitude de inscrición na escola deportiva de ximnasia establécese do seguinte xeito:
- Solicitude de inscrición: do 12 ao 24 de novembro (ambos incluídos).
- Sorteo: 26 de novembro (en presenza da secretaria municipal, no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
- Inicio da actividade: 30 de novembro
Para solicitar a inscrición na escola deportiva de ximnasia deberá cubrir o formulario específico de solicitude e presentalo do seguinte xeito:
- No rexistro de entrada do Concello de Muros (Casa do Concello) segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- A través da sede electrónica do Concello de Muros: sede.muros.gal
O formulario de solicitude poderá descargarse da páxina web, ou directamente da sede electrónica, sede.muros.gal.
A persoa solicitante só poderá participar nunha quenda (pavillón de Miraflores ou pavillón Xosé Lago) e cada unha destas quendas contará cun máximo de 6 alumnos/as.
Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por persoas non empadroadas no Concello de Muros. Unha medida excepcional e provisional para paliar as consecuencias ocasionadas pola COVID-19, de forma que se poida garantir o dereito da veciñanza, previsto no artigo 18 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, de utilización dos servicios públicos municipais.
A adxudicación pode ser:
- Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada quenda.
- Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das quendas.
As quendas e idades establécense do seguinte xeito:
- Nados/as nos anos anteriores ao 2004
- Período: de novembro a maio
Quendas en Esteiro:
- Martes de 19:00 h a 19:45 h e xoves de 20:00 h a 20:45 h
- Martes de 20:00 h a 20:45 h e xoves de 19:00 h a 19:45 h
- Mércores de 19:00 h a 19:45 h e venres de 19:45 h a 20:30 h
- Mércores de 20:00 h a 20:45 h e venres de 18:45 h a 19:30 h
Quendas en Muros:
- Luns de 18:00 h a 18:45 h e xoves de 19:00 h a 19:45 h
- Luns de 19:00 h a 19:45 h e xoves de 18:00 h a 18:45 h
- Martes de 18:00 h a 18:45 h e venres de 19:00 h a 19:45 h
- Martes de 19:00 h a 19:45 h e venres de 18:00 h a 18:45 h
Procuraranse novas quendas alternativas en función da lista de reservas.
Os horarios e a composición dos grupos poderán ser modificados en función doutras demandas, das novas normas sanitarias e doutras actividades no pavillón.
LUGARES:
- Muros: pavillón de Miraflores
- Esteiro: pavillón Xosé Lago
INFORMACIÓN:
- Pavillón municipal de Miraflores: 981 762 152
- Centro Cultural e Xuvenil de Muros: 981 762 294
Cota de participación: gratuíta
Comezo da actividade: a partir do 30 de novembro