ENTRADAS Á VENDA PARA OS ESPECTÁCULOS DE ARTES ESCÉNICAS QUE TERÁN LUGAR NO AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS

Xa están á venda as entradas para a programación de artes escénicas do mes de abril no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, cunha proposta variada que combina narración oral, teatro contemporáneo e circo.

Abrirá a programación o venres 10 de abril ás 20:30 h, Quico Cadaval con “30 anos a contar historias. Notas de rodapé”, un espectáculo de narración oral cheo de humor e participación.

O sábado 11 de abril ás 20:30 h será a quenda de “Absurdia”, da compañía Dani Blanco, unha proposta de teatro contemporáneo cunha posta en escena intensa e simbólica.

E o sábado 25 de abril ás 18:00 h, celebraremos o “Día do Circo” con Pistacatro Produtora de Soños, un espectáculo para todos os públicos que percorre a historia do circo.

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros