EMPREGO | Resultado 1º exercicio e convocatoria dos seguintes do proceso selectivo de peóns albaneis 2021

ANUNCIO DO RESULTADO DO 1º EXERCICIO E CONVOCATORIA PARA A REALIZACIÓN DO 2º E 3º EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DE PEÓNS ALBANEIS PARA OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS PEL CONCELLOS 2021

Na sesión celebrada o día 11 de marzo de 2021, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis  para obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2021, e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2021, adoptou os seguintes acordos:

ACORDOS

Primeiro. Publicar o resultado da realización do primeiro exercicio da fase de oposición segundo o previsto no punto 8 a) das bases e que se publica como anexo 1. De  acordo co previsto no punto 8 das bases, as persoas aspirantes terán un prazo de 2 días dende a publicación deste acordo para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Segundo. Convocar aos/ás aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición Á realización do segundo exercicio o mércores día 17 de marzo de 2021 ás 9.00 h na antiga fábrica de Sel, situada na rúa Porteliña 2, Muros.

Terceiro. Os/as aspirantes que se relacionan no Anexo II presentaron o certificado do CELGA,  polo que quedan eximidos da realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

Así mesmo os/as aspirantes relacionados no Anexo III, no caso de superar o segundo exercicio son convocados para a realización do terceiro exercicio o mércores día 17 de marzo  de  2021 ás 12.00 h na antiga fábrica de Sel, situada na rúa Porteliña 2, Muros.