CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MUROS 2021, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA DP0029/2020, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO
1 Obxecto da convocatoria
1.1 Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros (informadores/as turísticos/as e guía turístico/a), anualidade 2021, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.
1.2 Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Estatuto dos Traballadores para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base, así como novas contratacións que polos requisitos previstos no punto 4 destas bases se poidan realizar para os mesmos postos de traballo.