EMPREGO | Convocatoria selección de persoal para a brigada de incendios anualidade 2021

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE 2 CAPATACES, 2 PEÓNS CONDUTORES E 6 PEÓNS, PARA A CREACIÓN DE DÚAS BRIGADAS DE INCENDIOS 2021, E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO

1 Obxecto da convocatoria

1.1 Ten por obxecto esta convocatoria a aprobación das bases para a selección de persoal laboral temporal a xornada completa de duración determinada para a creación de dúas brigadas de incendios do Concello de Muros 2021, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

No soldo previsto no punto 2 están incluídas as retribucións de turnicidade, festividade, nocturnidade e parte proporcional das pagas extras. Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.

1.2 Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Estatuto dos Traballadores para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base.