EMPREGO | Convocatoria do proceso selectivo para a contratación de catro peóns albaneis (PEL 2025)

Por Resolución desta Alcaldía núm. 163/2025 de 18 de febreiro, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de catro peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais e a elaboración dunha bolsa de emprego (Grupo V), financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL Concellos 2025.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicado o 26/02/2025).

FORMULARIO: https://sede.muros.gal/sxc/export/sites/muros/recursos/downloads/Varios/ANEXO-II-SOLICITUDE-EMPREGO-CON-MERITOS.pdf

BOP: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/02/26/2025_0000001231.pdf