Anuncio do resultado provisional do 2º e 3º exercicio e da fase de concurso de méritos do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.
Anuncio do resultado do 1º exame, e convocatoria do 2º e 3º exercicio, do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.
Anuncio das persoas admitidas, tribunal e data de realización do 1º exame do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.
Por Resolución da Alcaldía núm. 534/2022 de 5 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo de elaboración dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, 2022, e que se financiará pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022, e que se transcriben a continuación:
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2022, QUE FINANCIARÁ A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2022
Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto esta convocatoria a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2022, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021). A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. A duración do contrato, nunca inferior a dous meses, e as datas de inicio e de finalización dos contratos serán establecidos na resolución da contratación.
Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación de persoal por parte dos concellos para a limpeza de praias marítimas, Ma100/2022.
No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto
Características do posto
Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Modalidade contractual: Calquera das previstas no RD 32/2021
Grupo: V
Xornada: A xornada laboral será como igual ou superior ao 75% da xornada ordinaria Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.
Sistema de selección
O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.