EMPREGO | Convocatoria dunha praza de conserxe como funcionario de carreira incluída na OPE ordinaria 2022

Comunícase que por Resolución da Alcaldía número 348/2023 de 18 de abril, aprobáronse as bases que rexeran a convocatoria do procedemento selectivo de funcionario de carreira correspondente á praza conserxe colexio Ramón de Artaza, incluída na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022 do Concello de Muros publicado no BOP número 244 do 27 de decembro de 2022, e que se publican como anexo I.

ANEXO I

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN O PROCESO SELECTIVO MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE CONSERXE, FUNCIONARIO DE CARREIRA INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ORDINARIA DO CONCELLO DE MUROS PARA O ANO 2022

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto desta convocatoria cubrir de xeito definitivo a praza de conserxe colexio Ramón de Artaza como funcionario de carreira ao abeiro do previsto no artigo 26.1 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, artigo 15.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, correspondente á Oferta de Emprego Público do Concello de Muros do 2022 publicado no BOP núm. 244 de 27 de decembro de 2022.

O persoal contratado estará suxeito durante a súa relación funcionaria á normativa sobre incompatibilidades prevista na función pública (Lei 53/1984, de 25 de decembro).

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

2.1. Funcións:

O cometido funcional do posto do posto é o relacionado coa conserxería, sendo basicamente de apertura e peche de centros, atención telefónica, recepción de persoas, pequenas reparacións, almacenaxe, traslado ou reposición de material, correo, fotocopias, etc.

Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo de obras e medio ambiente.

2.2. Retribucións:

As retribucións serán as correspondentes á Agrupación Profesional, complemento de destino 14, complemento específico 4.232,20 € en catorce pagas, de acordo co cadro de persoal dos orzamentos do Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven das leis de orzamentos de estado. A xornada laboral será de 37,5 horas semanais en cómputo anual, cos descansos establecidos legalmente.

2.3. A xornada laboral será de 37,5 horas semanais en cómputo anual, cos descanso establecidos legalmente.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre.

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria do procedemento selectivo dunha praza de conserxe como funcionario de carreira incluída na OPE ordinaria do concello de Muros do ano 2022
PDF HTML – Versión web: galego/castellano )