É obxecto desta convocatoria a cobertura dunha praza de monitor/a socorrista (Grupo IV) baixo a modalidade contractual de persoal laboral interino e a creación dunha bolsa de emprego.
A xornada laboral será de 37,5 horas semanais, cos descansos establecidos legalmente.
2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA
As funcións a desenvolver son as propias do posto, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo da piscina municipal do Concello de Muros.
As retribucións serán as correspondentes ao grupo laboral IV de acordo co cadro de persoal dos orzamentos de Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado.
3. SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.