DEPORTES | Resolución da Alcaldía do nomeamento do órgano instrutor e da comisión de valoración das bolsas para deportistas do Concello de Muros para o ano 2020

Visto o artigo 7 das bases específicas de bolsas para deportistas do Concello de Muros para o ano 2020 publicadas no BOP núm. 159 de 24 de setembro de 2020.

RESOLVO

Primeiro. Nomear como instrutor do procedemento das bolsas para deportistas en réxime de concorrencia competitiva, o funcionario do Concello, David Pastoriza Fernández, ou persoa en quen delegue.

Segundo. Nomear a comisión de valoración, quen formulará a proposta de concesión previo informe do órgano instrutor respecto dos cumprimento polo solicitante dos criterios previstos nas bases da convocatoria e que estará composta por:

Presidente: Juan Manuel Martínez Martínez, concelleiro de Deportes e Medio Ambiente, ou persoa en quen delegue.

Técnico do departamento de deportes: O funcionario do Concello, D. David Pastoriza Fernández, ou persoa en quen delegue.

Unha persoa do departamento de asuntos económicos: A funcionaria, Da. Noelia Louro Louro, ou persoa en quen delegue.

A funcionaria do Concello, Da. María Ofir Aboy García, ou persoa en quen delegue, que actuará como secretaria.

Terceiro. O instrutor e os membros da comisión estarán sometidos as regras establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015 de 1 de outubro do réxime xurídico do sector público.

Cuarto. Dar conta ao Pleno da corporación na primeira sesión que se celebre.

Quinto. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición regulado nos artículos 52 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a Alcaldía no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicacion, ou interpoñer recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña, no prazo de dous meses (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa), todo isto sen perxuízo de que poida exercitar calquera outra actuación que estime pertinente para a defensa dos seus dereitos.