X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros.
Debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para este sábado 4 de novembro, o Concello de Muros vese na obriga de aprazar a X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros para o sábado 18 de novembro.
As persoas inscritas poderán solicitar a devolución da súa cota de participación entrando na área privada da persoa participante na web de inscricións, antes das 23.59 h do martes 7 de novembro.
O prazo de inscrición mantense aberto ata ás 23.59 h do mércores 15 de novembro.
Agradecemos a súa comprensión e gustaríanos seguir contando coa súa presenza na proba o día 18 de novembro!
O concelleiro de deportes
Damián Torea García