CULTURA | Aberto o prazo de solicitude de subvencións do Concello de Muros, en concorrencia competitiva, dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2022

CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NO ANO 2022

1. Bases xerais reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións están publicadas no BOP número 138, de 23 de xullo de 2019,

2. Créditos orzamentarios aos que se imputa e Contía

O Concello de Muros poderá conceder subvencións de ata un máximo de 1.500,00 € por proxecto. A contía de todas as axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria sumará un máximo de 11000,00 €, con cargo á partida orzamentaria 22/334.48000, correspondente á anualidade 2022. Os importes dos créditos poderán ser obxecto de modificación, condicionados ás dispoñibilidades orzamentarias neste exercicio.

3. Finalidade e Obxecto

A finalidade e obxecto desta convocatoria será o definido no artigo 1 das Bases xerais e en particular: contribuír ao desenvolvemento de programas e actividades culturais concretas no concello de Muros, en particular aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento da cultura galega.

De acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade e de protección contra a violencia de xénero, non é subvencionable ningunha actividade ou actuación que inclúa contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que inciten á desigualdade ou violencia.

4. Beneficiarios, condicións e gasto subvencionables.

Serán beneficiarias as entidades que cumpran o estipulado nos artigos 14 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia, e que reúnan os requisitos e as condicións contempladas no artigo 2 e 3. das Bases xerais.

Serán gastos subvencionables ou non subvencionables aqueles que se recollen no artigo 1. das Bases xerais, conforme co estipulado nos artigos 31 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e 29 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia

+ INFO: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/09/02/2022_0000005391.pdf

DESCARGAR IMPRESOS