Por Resolución desta Alcaldía núm. 642/2020 de 5 e xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural.
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE 2 CAPAZACES, 2 PEÓNS CONDUTORES E 6 PEÓNS, PARA A CREACIÓN DE DÚAS BRIGADAS DE INCENDIOS 2020, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO
1. Obxecto da convocatoria
Constitúe o obxecto destas bases a aprobación da convocatoria e regulación do proceso selectivo para a provisión mediante contratación laboral temporal de persoal para a creación de dúas brigadas de incendios do Concello de Muros 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación. No soldo previsto no punto 2 están incluídas as retribucións de turnicidade, festividade, nocturnidade e parte proporcional das pagas extras.
Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal, debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.
2. Características dos postos
Área de subscrición: Seguridade
Denominación dos posto: Capataz forestal Prazas: 2
- Duración: 3 meses Grupo: III
- Soldo: 1.550,00 € por todos os conceptos
Denominación dos posto: Peón condutor Prazas: 2
- Duración: 3 meses Grupo: V
- Soldo: 1.250,00 € por todos os conceptos
Denominación dos posto: Peón Prazas: 6
- Duración: 3 meses Grupo: V
- Soldo: 1.200,00 € por todos os conceptos
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo Titulación: Certificación de estudos segundo o previsto no punto 4 g).
Outros coñecementos: CELGA 4 para a praza de capataz e CELGA 1 para a de peón.
Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos postos de traballo nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, consistentes na realización, por parte de todos os membros da brigada, de tarefas de limpeza de masa forestal e extinción de incendios forestais. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo. O horario de traballo será en quendas rotativas de mañá, tarde e noite.