Infórmase que o vindeiro martes día 10 de marzo está programado un corte no subministro de auga en Louro dende as 9:00 ata as 14:00.
Esta interrupción temporal do subministro afectará a zona baixa de Louro (San Francisco, Barcos, Xeixo, A Moreira), e está motivada polo cambio do sistema de redución de presión e instalación de contador na Rúa Moreira.
Os obxectivos destas tarefas enmarcadas nas obras “Actuacións no núcleo de Louro para minimizar as perdas de auga e mellora da xestión dixital do ciclo da auga”, son eliminar picos de presión na rede, reducir o número de avarías, contabilizar e monitorizar en continuo o caudal e presión que pasa por ese punto, e en definitiva, mellorar a calidade e xestión do servizo.
Para rematar, comunicar tamén que será preciso cortar o tráfico da rúa Moreira o vindeiro luns día 9 e martes día 10.
Lamentamos as molestias causadas mais compre recordar que son tarefas de mantemento e mellora no sistema municipal de abastecemento.

Servizo Municipal de Augas
Rúa do Cid, 2
15250 MUROS
T:981826 821/M:626986 939