Comunicación | Corte programado para tarefas de mellora e dixitalización do sistema municipal de abastecemento en Abelleira

Infórmase que o vindeiro luns día 15 dende as 9:00 ata as 14:00 está programado un corte no subministro de auga potable na zona de Abelleira (dende Ventín ata A Viña).

O motivo deste corte no subministro é a instalación dun contador xeral á saída do depósito de Abelleira, así como a substitución e renovación completa da cámara de chaves deste depósito.

Lamentamos as molestias ocasionadas pola interrupción temporal do subministro, máis compre recordar que son tarefas de mellora no sistema de abastecemento.

De todo o cal se informa para o seu coñecemento.

Espina & Delfín S.L.
Empresa Concesionaria do Servizo Municipal de Augas