CIRCO | Día do Circo con “Petit Cabaré” de Pistacatro

📅 Sábado, 12 de abril ás 18:00 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

🎟 Prezo: 4,00 €
👀 Público recomendado: Todos os públicos
⏳ Duración: 75 min
🎭 Clasificación: Circo
📢 Reservas: https://forms.gle/Zhx3erNtRhQoofzg9

✨ Sobre “Petit Cabaré”

O Día do Circo chega a Muros por segundo ano consecutivo da man de Pistacatro, compañía galega galardoada co Premio da Cultura Galega nas Artes Escénicas 2023. “Petit Cabaré” é unha auténtica festa circense que reúne a artistas excepcionais nun espectáculo vibrante, cheo de maxia, humor e moita enerxía.

Nesta ocasión, o evento contará cun mestre de cerimonias de luxo: Antón Coucheiro, recoñecido paiaso e improvisador, que converterá esta celebración nunha experiencia única e irrepetible.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca: “O Día do Circo foi un dos espectáculos mellor valorados o ano pasado, e esta edición promete superar todas as expectativas. Será unha oportunidade marabillosa para gozar en familia dunha arte tan especial como o circo.”