CINE | “Sirat”, a nova película de Oliver Laxe e “La luz de Aisha”, unha emocionante aventura animada

Esta fin de semana contaremos coa estrea de “Sirat”, a nova película de Oliver Laxe e proxección de “La luz de Aisha”, unha emocionante aventura animada ambientada no Al-Ándalus do século XI.

SIRAT

  • Venres, 20 de xuño ás 21:00 h
  • Sábado, 21 de xuño ás 20:00 h e ás 22:15 h
  • Domingo, 22 de xuño ás 19:30 h

Entradas: https://kinetike.com:83/views/init.aspx?cine=MUROS

Sinopse: Un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida nas montañas do sur de Marrocos na procura de Mar, filla e irmá, desaparecida meses atrás nunha desas festas sen amanecer. Rodeados de música electrónica e dunha liberdade que lles resulta allea, reparten a súa foto unha e outra vez. Nun último intento desesperado, únense a un grupo de raveros cara a unha derradeira festa no deserto, onde agardan atopala.
Premio do Xurado – Festival de Cannes 2025
Oliver Laxe: “Sirat é sen dúbida a miña película máis difícil ata o de agora. Unha rodaxe épica, intensa e extrema, como a película mesma.

LA LUZ DE AISHA (Cine familiar – Animación)

  • Sábado, 21 de xuño ás 17:00 h
  • Domingo, 22 de xuño ás 17:00 h

Entradas:  https://kinetike.com:83/views/init.aspx?cine=MUROS

Sinopse
Aisha vive nun reino do Al-Ándalus do século XI, onde os fogos artificiais son o espectáculo máis popular. Soña con converterse en pirotécnica como o lendario Mestre Hao, pero seu pai, Ahmad, quere que siga a tradición familiar da caligrafía. Cando o alquimista Txawir engana a Aisha para roubar un libro perigoso que custodiaba seu pai, Ahmad é encarcerado inxustamente. A moza emprende unha viaxe chea de aventuras para recuperar o libro e liberar ao seu pai.

Unha historia de coraxe e fantasía para todos os públicos.