CINE | O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa a súa temporada de cine con La cena, de Manuel Gómez Pereira

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa coa súa programación de cine outono-inverno coa proxección de La cena, o novo filme do director Manuel Gómez Pereira, unha comedia dramática ambientada na posguerra española que combina historia, emoción e humor negro.

A película, baseada na obra teatral de José Luis Alonso de Santos, sitúase dúas semanas despois do final da Guerra Civil. Franco solicita unha cea de celebración no Hotel Palace, e un mozo tenente, xunto a un métrico meticuloso e un grupo de prisioneiros republicanos expertos en cociña, deben preparar un banquete impecable nun tempo récord. Pero no interior da cociña, cócese algo máis ca un menú.

Con guión de Joaquín Oristrell, Yolanda García Serrano e o propio Gómez Pereira, e música de Anne-Sophie Versnaeyen, La cena ofrece un relato cheo de ironía e tensión moral sobre a supervivencia, o poder e o valor da dignidade humana. A fotografía de Aitor Mantxola e a coidada ambientación converten esta produción hispano-francesa nunha das propostas máis destacadas do cine histórico recente.

A concelleira de Cultura, Caridad González, sinala que “con La cena seguimos apostando por un cine de calidade que combina entretemento e reflexión, e que achega ao público de Muros historias que falan da nosa memoria e da capacidade humana para atopar esperanza mesmo nos tempos máis escuros.

La cena