O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa coa súa temporada de cine outono-inverno cunha fin de semana chea de emoción, humor e reflexión. O público poderá gozar de dúas propostas cinematográficas moi diferentes: o novo filme de Paul Thomas Anderson, Una batalla tras otra, e a comedia familiar Sketch. Cuidado con lo que dibujas, dirixida por Seth Worley.

Una batalla tras otra (EE. UU., 161’, +12 anos) é o novo traballo do aclamado director de Pozos de ambición e Licorice Pizza, unha historia de acción e comedia negra sobre un exrevolucionario que se ve obrigado a enfrontarse ao seu pasado.
Proxectarase o venres 17 ás 20:30 h, o sábado 18 ás 20:30 h e o domingo 19 ás 19:00 h.
Entradas: https://kinetike.com:83/views/sesionesFuturas.aspx?idPelicula=1112&cine=MUROS

Pola súa parte, Sketch. Cuidado con lo que dibujas (EE. UU., 93’, +7 anos) é unha divertida aventura familiar que conta a historia dunha nena cuxos debuxos cobran vida, obrigando á súa familia a unirse para salvar o mundo do caos.
Poderase ver o sábado 18 ás 17:00 h e o domingo 19 ás 17:00 h.
Entradas: https://kinetike.com:83/views/sesionesFuturas.aspx?idPelicula=1113&cine=MUROS
A concelleira de Cultura, Caridad González, subliña que “a programación cinematográfica de Muros busca ofrecer propostas variadas e de calidade, con opcións tanto para público adulto como familiar, para que cada fin de semana o auditorio se encha de vida e cultura.”
As entradas para ambas películas están xa dispoñibles a través da billeteira electrónica do Concello de Muros (www.muros.gal)