BANDO | Corte da emisión do sinal de televisión o luns 31, na zona de Abelleira/Torea/Tal

M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei  FAGO SABER

Coa finalidade de mellorar o sinal de televisión da zona afectada, os técnicos encargados de realizar o traslado do equipamento do centro de extensión de cobertura do sinal de televisión de titularidade municipal de Abelleira, este comezará o luns 31 de xaneiro, ás 12:00 horas,  e suporá un corte da emisión do sinal de televisión desde este centro,  que quedará restablecida ao longo da tarde

O corte da emisión afectará ás canles que se están a emitir actualmente desde este centro:

·         Canle 22 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD,  24H, 24H-HD

·         Canle 25 (AUT): TVG, TVG2, GHD, G2HD

·         Canle 28 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.

·         Canle 38 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3HD, Sexta HD.

·         Canle 42 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan,  Clan HD, DKiss.

·         Canle 46 (MPE1): Disney Channel, Paramount Network, DMax, Gol.

e ás seguintes entidades de poboación, que teñen a este centro como mellor servidor:

ConcelloParroquiaLugarNum. habitantes
MUROSABELLEIRA (SANTO ESTEVO)A RATEIRA19
MUROSABELLEIRA (SANTO ESTEVO)ABELLEIRA DE ARRIBA87
MUROSABELLEIRA (SANTO ESTEVO)BORNALLE115
MUROSABELLEIRA (SANTO ESTEVO)O CRUCEIRO32
MUROSABELLEIRA (SANTO ESTEVO)O PAZO109
MUROSTAL (SANTIAGO)TAL DE ARRIBA223
MUROSTOREA (SAN XIÁN)PANDO34

TEATRO | Xoves 7 – A Panadaría – “Elisa e Marcela” || Sábado 9 – La Quintana Teatro – “O Premio”

O concello de Muros inicia esta semana a súa programación teatral para a tempada 2021/22, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, con dous premiados espectáculos, “Elisa e Marcela”, de A Panadaría teatro e “O Premio”, de La Quintana teatro, os dous destinados a público adulto e coproducidos polo CDG.

A Panadaría – “Elisa e Marcela”

Día e hora: xoves 7 de outubro, ás 21:00 horas.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – A Panadaría – “Elisa e Marcela”
Entradas: de balde, previa reserva

Programa: “Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-22”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo, protagonizada polas actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Este espectáculo foi multipremiado con galardóns a mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018, e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista nos mesmos premios. Premio Luísa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade, entre outros.

La Quintana Teatro – “O Premio”

Día e hora: sábado 9 de outubro, ás 21:00 horas.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – La Quintana Teatro – “O Premio”
Prezo da entrada: 3,50 euros

Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

“O Premio” é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade. “O Premio” é un reallity en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”

Coma todas as montaxes da Quintana Teatro parte da investigación a pé de rúa e constrúese a través da creación colectiva. A compañía sempre está aberta aos estímulos externos co fin de que sirvan de inspiración para a creación de novas formas teatrais. Nesta ocasión os temas para explorar son a muller cosmopolita, a muller tradicional, o home perdido entre medias e á súa vez o prezo da felicidade.

Unha procura colectiva que enriquece o traballo actoral que nesta ocasión será compartido cos personaxes que aparezan na pantalla. A través de vídeos móstrase a vida dos protagonistas, xogando coa súa privacidade, levando ao límite a súa capacidade de exhibición, sacando á luz as súas miserias, os seus vicios e os seus segredos máis ocultos.

É un proxecto diferente e singular, tanto pola temática que aborda, como pola sorprendente posición na que se coloca ao público, xa que deberá votar quen debe gañar: Tres finais distintos en función dos espectadores

O espectáculo foi escrito por Santiago Cortegoso, dirixido por Marián Bañobre e protagonizado por Victoria Teijeiro, Raquel Espada/ Lidia Veiga e Xurxo Cortázar.

As entradas tén que ser reservadas previamente, ben nas oficinas do centro cultural de Muros ou no teléfono 981762294, de luns a venres, de 08:30 a 15:00 horas; e tamén poden solicitarse no correo electrónico cultura@muros.es, ou en Internet por medio do formulario de Google creado para cadansúa.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, quere agradecer a colaboración da Secretaría Xeral de Política lingüística e da AGADIC, da Xunta de Galicia, e anima a toda a veciñanza  a gozar destes magníficos espectáculos. Aproveitando para anunciar que a videira semana, o sábado 16, a compañía de EducaTeatro, co musical “o Camiño de Santiago”, ás seis da tarde, dará comezo á programación deste outono destinada a público familiar.