ENSINO E LINGUA | ESCOLA MUNICIPAL DE DEBATE E ORATORIA PARA O CURSO 2025/2026

1. Obxecto da actividade

A Escola municipal de debate e oratoria, promovida polo Concello de Muros a través da Concellería de Ensino e Lingua, nace como un espazo educativo e participativo que ten como obxectivo principal desenvolver as destrezas comunicativas da mocidade en lingua galega. A iniciativa, dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, procura fomentar o debate, o pensamento crítico e a capacidade de expresión en público, ao tempo que consolida espazos de reflexión arredor de temas de actualidade e interese social.

Con este proxecto queremos impulsar o uso oral do galego entre a mocidade muradá, ofrecéndolle un espazo para expresarse con liberdade, compartir opinións sobre asuntos que lles afectan e rachar coa idea dunha mocidade pasiva. A través dunha formación práctica en oratoria, argumentación, linguaxe non verbal, escoita activa e debate, buscamos reforzar habilidades sociais esenciais e, ao mesmo tempo, poñer en valor a nosa lingua como ferramenta básica para dialogar, defender ideas e construír colectivamente. As sesións estarán dinamizadas por profesionais especializados e desenvolveranse na antiga EEI Muros.

O proxecto inclúe actividades complementarias como torneos de debate, encontros entre centros educativos e exposicións orais abertas á cidadanía.

2. Participantes e requisitos

Poderá participar todo o alumnado matriculado que curse 6º de Educación Primaria, 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos tendo preferencia o alumnado matriculado en centros educativos do municipio de Muros.

A participación é voluntaria, individual e non poderá ser cedida a terceiros.

O número máximo de prazas será de 48 en total. En función do número de inscricións, estableceranse grupos diferenciados por etapa educativa, cun mínimo de 8 persoas e un máximo de 16 por grupo, co obxectivo de garantir a calidade pedagóxica.

No caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles, a selección realizarase por orde de inscrición.

3. Preinscrición e matrícula

O prazo de preinscrición será do 29 de setembro ao 6 de outubro.

A inscrición formalizarase mediante a entrega do seguinte formulario en liña, incluíndo datos persoais do/a participante e consentimento da persoa ou persoas representantes legais:

Formulario de preinscrición

A confirmación da participación será comunicada ás familias ou ao alumnado inscrito antes do inicio das aulas.

Unha vez confirmada a praza establécese un período de matrícula que vai do 8 ao 10 de outubro.

4. Estrutura e horarios da actividade

A escola dividirase en grupos segundo a etapa educativa:

• 2025 (outubro – decembro): 10 clases de 1 hora e media
• 2026 (xaneiro – xuño): 19 clases de 1 hora e media

As sesións desenvolveranse na antiga EEI Muros (Rúa Alameda, 4 15250 Muros) nos seguintes días e horarios:

As sesións desenvolveranse os mércores, en horario de 16:00 a 20:30 horas. A distribución concreta deste tempo establecerase en función dos grupos que se formen, respectando os mínimos e máximos do alumnado por grupo e as etapas educativas correspondentes.

5. Cota de participación

    A cota de participación será de 20,00 € mensuais e realizarase unha vez comunicada a aceptación da praza por parte do Concello de Muros.

    6. Beneficios da participación

    • Favorecer o uso da lingua galega entre a mocidade, tanto en contextos formais como informais.

    • Traballar a oratoria e a fluidez comunicativa como habilidades sociais fundamentais.

    • Crear novos espazos de socialización en galego mediante o traballo en equipo.

    • Escoitar e dar protagonismo á opinión da mocidade arredor de temas de actualidade, afastando estereotipos.

    • Fomentar a diversidade de puntos de vista e a tolerancia ante diferentes posicións.

    • Desenvolver habilidades comunicativas, expresión oral e non verbal.

    • Fomentar a confianza, autoestima e capacidade de falar en público.

    • Estimular o pensamento crítico, capacidade de argumentación e reflexión.

    • Mellorar o rendemento académico e preparación para a vida profesional.

    • Promocionar a participación democrática, inclusión e equidade.

    7. Normas de participación

    • As sesións serán presenciais e o alumnado deberá asistir puntualmente.

    • Calquera incidencia ou ausencia deberá comunicarse ao Concello de Muros.

    • A participación implica o respecto polas normas de convivencia, polas quendas de palabra e pola metodoloxía de debate e oratoria.

    • O incumprimento das normas poderá supoñer a exclusión temporal ou definitiva da actividade.

    8. Modificacións e incidencias

      Calquera circunstancia non recollida nestas bases será resolta polo Concello de Muros, que poderá realizar modificacións en función das necesidades pedagóxicas ou organizativas.


      PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DAS XX XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA “MUROS MIRA AO MAR”

      Concello de Muros presenta oficialmente o programa das XX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de xullo.

      Este ano, a temática escollida é a gastronomía mariñeira, cunha programación que pon en valor o noso patrimonio cultural, marítimo e culinario.

      As xornadas ofrecerán un amplo e variado programa de actividades, entre as que se inclúen:

      🍴 Degustacións e showcookings gastronómicos

      🎭 Espectáculos de teatro e circo

      ⛵ Navegación tradicional pola ría de Muros

      🗣️ Faladoiros e exposicións

      🎣 Concurso de pesca

      🧭 Visitas guiadas

      🥁 Pasarrúas, foliadas e actividades musicais de rúa

      🎶 E as actuacións destacadas de Tiruleque, Susana Seivane, Vocal Eburie e moitas máis

      As xornadas contarán coa colaboración de numerosas asociacións e clubs municipais, así como do comercio local, que contribúen un ano máis a facer destas xornadas unha cita imprescindible no noso concello.

      📄 O programa completo xa está dispoñible: https://buff.ly/9MMcYE3


      CAMPAMENTOS CONCILIA PRIMAVERA

      Bases dos campamentos Concilia Primavera organizados polo Concello de Muros para o ano 2025.

      Prazo: do 18 de marzo ata as 14.00 h do 25 de marzo.

      Formulario de solicitude (On Line):  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScWkexmHHoyI45IFk0GNg2p-SiLQz9bI2yNMWcUi6ict6LDYQ/closedform

      Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática (On Line), poderá descargar o formulario e acudir ao rexistro do Concello: FORMULARIO_SOLICITUDE_CONCILIA_PRIMAVERA.pdf

      Bases: https://sede.muros.gal/sxc/export/sites/muros/recursos/downloads/Tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250317110010108_ANEXO_1742205610-0.pdf


      TEATRO | “COMPAÑA” DE XAMPATITO PATO

      📅 Data: Sábado, 25 de xaneiro de 2025
      ⏰ Hora: 18:00 h
      🏟 Lugar: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
      🎟 Prezo: 2,50 €
      👀 Público recomendado: +5 anos
      ⏳ Duración: 50 min
      🎫 Reserva de entradas dispoñible en: https://forms.gle/6aC32fMhwNRjYSqd7

      ℹ️ Tamén podes reservar e comprar as entradas nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

      Sobre “Compaña”

      Este espectáculo combina circo e marionetas para crear un mundo surrealista e onírico, onde a beleza e o humor se unen para ofrecer unha experiencia única. Un personaxe solitario, na procura de compañía, explora a súa imaxinación, enchendo o escenario de emocións, sorpresas e risas.

      A concelleira de Cultura, Caridad González, anima: “Queremos convidar a todas as familias a desfrutar do inicio da temporada de teatro infantil cun espectáculo de recente creación. “Compaña” é unha oportunidade perfecta para achegar a cultura aos máis pequenos e fomentar momentos en familia.”


      TEATRO | “Rato Pérez (especial Nadal)” de A Xanela do Maxín

      ? Sábado, 28 de decembro ás 18:00 h
      ? Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
      ? Entrada: Gratuíta
      ? Reservas: https://buff.ly/49N40ME
      ? Público recomendado: + 2 anos
      ? Tamén podes facelas presencialmente nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

      Sobre “Rato Pérez (especial Nadal)”:
      O famoso Rato Pérez enfróntase a perigos e desafíos nunha misión trepidante para resolver o seu problema de almacenaxe de dentes, sen esquecer a importancia de manter viva esta tradición. Unha comedia chea de acción que nos achega ao fascinante mundo dos seres recolledentes e á importancia de coidar os sorrisos das nenas e nenos. ??

      A concelleira de Cultura, Caridad González, apunta que “esta obra é unha oportunidade marabillosa para que as familias compartan unha tarde de ilusión, ao tempo que descubrimos a maxia do Rato Pérez e a importancia de coidar os sorrisos máis pequenos da casa.”


      TEATRO | “O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada” de ButacaZero

      ? Sábado, 30 de novembro ás 20:30 h
      ? Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
      ? Prezo: 3,50 €
      ? Público recomendado: +16 anos
      ? Reservas: https://buff.ly/4i5pkB8
      ℹ️ Reserva dispoñible nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8:00 a 15:00 h

      A compañía ButacaZero, liderada por Esther F. Carrodeguas, creadora da aclamada obra Iribarne, un dos grandes referentes do teatro galego deste ano, presenta unha nova proposta que promete conmover e sorprender.

      “O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada” é un monólogo escrito e protagonizado pola propia Carrodeguas, no que aborda a complexa relación co corpo e a gordofobia dunha sociedade que idealiza estándares de beleza inalcanzables. Cunha mestura de sinceridade e humor irónico, a obra reflexiona sobre como esta discriminación afecta tanto á sociedade como ao noso interior.

      Dirixida por Xavier Castiñeira e acompañada en escena polo artista multidisciplinar Juanma LoDo, que asina a sonoplastia, esta peza contemporánea ofrece unha experiencia escénica única que mestura crítica, emoción e unha gran dose de valentía.

      A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca: “Traer a Muros unha obra de ButacaZero é unha mostra máis do noso compromiso por ofrecer teatro de calidade. Esta peza convida a reflexionar sobre temas tan universais como a identidade e a aceptación, ao tempo que recoñecemos o enorme talento de Esther Carrodeguas. Animo á veciñanza a non perderse esta oportunidade única.”


      CAMPAMENTOS CONCILIA NADAL | 2024/2025

      BASES DOS CAMPAMENTOS CONCILIA NADAL ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE MUROS PARA O ANO 2024/2025

      Artigo 1. SOLICITUDE E PRAZO

      A solicitude de preinscrición farase a través do formulario electrónico habilitado, presentando o formulario de solicitude a través do rexistro na sede electrónica municipal (sede.muros.gal) ou nos rexistros de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).

      1.1. O prazo de solicitude de inscrición establécese do seguinte xeito:

      • Solicitude de preinscrición: Do 19 de novembro ata as 14.00 h do 29 de novembro.
      • Horario de presentación das solicitudes de xeito presencial no rexistro municipal: de 9.00 h a 14.00 h.
      • Sorteo público: o 4 de decembro ás 10.00 h (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).

      1.2. Tipos de solicitude:

      • Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.

      Como cubrir a solicitude:

      • A persoa solicitante será a nai, pai, titor ou titora legal.
      • A/as persoa/s participantes serán o/a os/as neno/a nenos/as.
      • No caso das solicitudes múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación que serán os/as participantes.
      • A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.
      • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do seguinte formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/z7jWHCXEuzA9N9PT9

      FORMULARIO DE INSCRICIÓN

      BASES DOS CAMPAMENTOS CONCILIA NADAL


      TEATRO | PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS “O AUTO DO CASTROMIL”

      ? Sábado, 26 de outubro ás 20:30 h
      ? Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
      ? Prezo: 3,50 €
      ? Público: Adulto
      ⏳ Duración: 90 min
      ? Reservas: https://forms.gle/vDhgzQSmpibdZVz66

      ℹ️ Tamén podes reservar e comprar as entradas nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

      A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca que: “Estamos moi satisfeitos cos bos resultados de asistencia neste comezo de semestre no auditorio. A programación que presentamos busca achegar espectáculos de calidade á nosa veciñanza, e “O auto do Castromil” é un exemplo máis desta aposta por traer compañías referentes como Mofa e Befa. Este espectáculo ven de gañar dous premios María Casares, dirección e vestiario, neste ano 2024. Animo a non perder esta oportunidade e gozar dunha comedia única.”

      ? Sobre “O auto do Castromil”:

      Unha viaxe onírica a bordo dun coche de liña, onde as maletas cobran vida e narran a historia fascinada de Galicia. A través de autos populares e farsas, a obra aborda os esforzos dun pobo por loitar e rebelarse unha e outra vez, con humor e espírito festivo como principais armas. A montaxe, dirixida por Excéntricas, conta cun elenco excepcional: Patricia Vázquez, Rocío González, Víctor Mosqueira e Marcos Orsi.


      CULTURA | Obradoiros culturais municipais 2024/2025

      Queres participar nos obradoiros culturais municipais deste curso? Dende o mércores, 11 de setembro, poderás inscribirte nas diferentes actividades culturais organizadas polo Concello de Muros.

      • Arte Floral
      • Bordado
      • Encaixe de Bolillos
      • Traballos Manuais
      • Gravado
      • Pintura
      • Teatro
      • Cociña
      • Costura

      Prazo de preinscrición: do 11 ao 26 de setembro

      Formulario de preinscrición: https://forms.gle/FziimQbd9u2dTqUh8

      Bases de participación


      PROGRAMACIÓN | FESTAS SAN PEDRO

      FESTAS SAN PEDRO
      Concello de Muros | 2023

      28 | xuño
      19:00 H.- PASACALLES – XEITURA
      20:00 H.- TEATRO DOS GHAZAFELHOS “AS MINAS DO REI SALOMÓN” – Praza do Mercado
      22:30 H.- VERBENA
      CLAXXON
      DISCO MÓBIL CDC

      29 | xuño
      11:30 H.- PROCESIÓN
      12:00 H.- MISA SOLEMNE cantada pola CORAL DON DIEGO DE MUROS
      13:00 H.- CONCERTO BANDA
      21:00 H.- MÚSICA MIUDA EN CONCERTO!!! “CAMBIANDO CONTOS” – Praza do Cristo
      22:30 H.- VERBENA
      LA BANDA DE AYER
      OLYMPUS

      24:00 H.- FOGOS DE ARTIFICIO

      30 | xuño
      12:00 H.- PASACALLES – FALTRIQUEIRA
      20:00 H.- XACARANDAINA MUSICAL
      21:00 H.- MIGUEL GUIDO “O LOBO FELIZ” – Praza do Cristo
      22:30 H.- CONCERTO
      THE RAPANTS
      MONOULIOUS DOP
      LOS RASTREADORES
      (O proxecto de Ortiga e Grande Amore)

      1 | xullo
      22:30 H.- VERBENA
      TATTOO
      DJ BLASS

      Organiza: Concello de Muros
      Colaboracións: Xunta de Galicia. Programa Ler conta moito. AGADIC. Programa Danza 3. Excma. Deputación Provincial da Coruña – Rede Cultural