IV CICLO | Camiños de coñecemento e experiencia

O IV Ciclo Universitario é o programa de formación específico para alumnos e alumnas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel educativo previo, para dar resposta á crecente formación que existe en Galicia entre persoas de idade avanzada.

Data de inscrición do 13 de abril o 11 de maio do 2021.
Prazas limitadas.

Lugar de celebración: Servizos Sociais
Lugar de inscrición:
Oficinas de Servizos Sociais. R/ Rosalía de Castro s/n
Teléfono:
981 762 465

Programa da formación

18/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Dra. Dona Laura Touriñán Morandeira, profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC e investigadora da USC.

19/05/2021 16.30 – 18.00 h
Sesión práctica: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Dra. Dona Laura Touriñán Morandeira, profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC e investigadora da USC.

20/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: Contribucións do ocio ao envellecemento activo.
Dna. Cristina Varela Portela, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
D. Jesús García Álvarez, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC

21/05/2021 16.30 – 18.00 h
Obradoiro práctico de análise do envellecemento activo a través do lecer.
Dna. Cristina Varela Portela, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
D. Jesús García Álvarez, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

24/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: O Gótico Mariñeiro.
D. Victoriano Nodar Fernández, Prof. Colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC.

25/05/2021 16.30 – 18.00 h
Visita ás igrexas de Santa María do Campo e Santa María do Camiño.
D. Victoriano Nodar Fernández, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC.

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA DO CONCELLO DE MUROS

 Obxecto: Aprobación das bases que regulan as actividades de conciliación Campamento urbano de Semana Santa do Concello de Muros.

RESOLVO:

 PRIMEIRO.- Aprobar as seguintes bases de selección para o campamento de conciliación de Semana Santa do concello de Muros.

BASES DE SELECCIÓN DO CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA DO CONCELLO DE MUROS

ARTIGO 1.- Obxecto e ámbito de aplicación as presentes bases teñen como obxecto establecer os criterios de selección para a participación no campamento de conciliación de Semana Santa do Concello de Muros, que se desenvolverá durante os días 29,30, 31 de marzo e 5 de abril para os/as menores do municipio.

Este campamento de Semana Santa ten a finalidade de facilitar unha alternativa de ocio para as nenas e nenos promovendo así a conciliación familiar durante o período de Semana Santa.

As actividades que se desenvolverán terán carácter lúdico: manualidades, obradoiros de refugallo, actividades deportivas…

ARTIGO 2.- Persoas destinatarias

O campamento urbano de Semana Santa está destinado a nenos e nenas entre os anos 2009 e 2017, ámbolos dous incluídos.

ARTIGO 3.- Lugar e período de realización

O campamento desenvolverase no antiga fábrica de Sel os días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril. O horario será de 10:00 a 13:30 horas.

ARTIGO 4.- Numero de prazas ofertadas

a) O campamento de conciliación de Semana Santa oferta 8 prazas para os nenos e nenas que cumpran os requisitos de admisión.

ARTIGO 5.- Prazo de solicitude

A presentación de solicitudes realizarase os días 25 e 26 de marzo.


SERVIZOS SOCIAIS | Ordenanza reguladora da prestación das axudas de emerxencia social no Concello de Muros

Os servizos sociais xerais constitúen o primeiro nivel do Sistema Público de Servizos Sociais e proporcionan unha atención que ten por obxecto favorecer o acceso aos recursos dos sistemas de benestar social, xerando alternativas ás carencias ou limitacións na convivencia, favorecendo a inclusión social e promovendo a cooperación e solidariedade social nun determinado territorio.

De acordo co exposto, redáctase esta ordenanza reguladora da prestación de axudas de emerxencia social do Concello de Muros, xa que é de interese xeral recoller e regular os dereitos e deberes da veciñanza de Muros para acceder a unha axuda de emerxencia social e unha ordenanza municipal é a ferramenta coa que conta a corporación para facelo.

Esta ordenanza redactouse respectando os principios de boa regulación. Dunha parte, os de necesidade e eficacia, xa que atende á aprobación dunha ordenanza reguladora da prestación de axudas necesaria para paliar situacións de necesidade; proporcionalidade, establecendo as mínimas obrigas para ás persoas destinatarias; seguridade xurídica, e transparencia, mediante a previsión da publicación do seu contido e a participación na tramitación; e eficiencia, xa que potencia a atención social ás familias e persoas en situacións de vulnerabilidade, mellorando a aplicación dos recursos dispoñibles.

O Concello de Muros como administración pública máis próxima á poboación, ten o dereito e a responsabilidade de establecer e regular o conxunto de dereitos e recursos municipais específicos dirixidos a persoas en situación de risco ou exclusión social, de conformidade coa lexislación vixente.