Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo

PROGRAMA CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA.

É un programa de formación dirixido aos alumnos maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación.

INSCRICIÓN
A inscrición realizarase a través do enlace: https://forms.office.com/e/UMzFfrevHw

PROGRAMA | Folleto

14/04/2025 | 16:30 – 19:30h
Obradoiro: Poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais
D. José Rial Budiño, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

15/04/2025 | 16:30 – 18:00h
Despilfarro alimentario e pegada ambiental dos alimentos
D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñería e profesor do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo

16/04/2025 | 16:30 – 18:00h
Despilfarro alimentario e pegada ambiental dos alimentos
D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñería e profesor do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo

21/04/2025 | 16:30 – 18:00h
Alfabetización Audiovisual e Expresión Fílmica
D. Álvaro Dosil Rosende, Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC

22/04/2025 | 16:30 – 18:00h
Alfabetización Audiovisual e Expresión Fílmica
D. Álvaro Dosil Rosende, Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC

Lugar de celebración:
Oficinas de Servizos Sociais
R/ Rosalía de Castro s/n · Teléfono: 981 762 465


FORMACIÓN | Taller de uso de apps móbiles para persoas maiores

? O Concello de Muros organiza un novo obradoiro para aprender a facer xestións e usar de forma correcta o teléfono móbil

✅ ‘Expertclick’ é un programa de formación para acercar ás persoas maiores de 55 anos as ferramientas necesarias que lles permitan aproveitar plenamente as vantaxes que brindan as novas tecnoloxías.

⏳ O prazo de inscrición para esta nova actividade remata o 22 de novembro e as sesións serán os días 28 e 29 de novembro

✍️ Para anotarse, hai que chamar a Servizos Sociais do Concello de Muros (981 762 465)

? O número de prazas máximo é de 15 persoas

O obxectivo é aprender a navegar con seguridade e confianza por Internet, utilizar o teléfono móbil ou tablet para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co banco, pedir unha cita médica ou comprar online, intentando aumentar a independencia e autonomía persoal das persoas maiores.

‘Expertclick’ é un obradoiro organizado polo Concello de Muros e realizado a través da Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.


PROGRAMA VIDA ACTIVA +65 | Actividade de Piscina

O Concello de Muros comeza as actividades do Programa Vida Activa +65 para o curso 2024/2025. A primeira actividade chámase Piscina Activa +65 e consiste en traballar a parte física no medio acuático. 

Esta actividade terá lugar na Piscina Municipal de Muros. Existirán 2 grupos de 25 prazas cada un e será posible elixir entre acudir a actividade os luns ou os xoves en horario de 9:30h a 10:15h.

Terán preferencia as persoas maiores de 65 anos. As persoas que teñan menos de 65 anos estarán nunha lista de agarda e poderán participar na actividade de existir prazas dispoñibles. 

Para inscribirse poden axudir as oficinas de Servizos Sociais ou chamando ao número de teléfono 981 762 465.


O Concello de Muros abre o prazo de inscrición para os campamentos de conciliación para o verán 2024.

Prazo de preinscrición: das 8.30 h do 15 de maio ata as 14.00 h do 26 de maio.

Como novidade este ano os campamentos terán lugar no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Serres) e no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (Esteiro) durante os meses de xullo e agosto:

– Formulario de preinscrición electrónico: https://forms.gle/HoDotUafE8MtVN5A8


CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

BASES XERAIS REGULADORAS PARA A PARTICIPACIÓN PARA O CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

PRAZO DE SOLICITUDE

1.1. O prazo de solicitude de inscrición nos campamentos establécese do seguinte xeito:

  1. Solicitude de inscrición: desde a publicación destas bases na sede electrónica do Concello de Muros ata o 15 de marzo ás 14.00 h.
  2. Sorteo: 18 de marzo (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).

O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 h da mañá.

1.2. Tipos de solicitude:

  • Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.

Como cubrir a solicitude:

  • A persoa solicitante será a nai, pai, titor ou titora legal.
  • A/as persoa/s participantes serán o/a os/as neno/a nenos/as.
  • No caso das solicitudes múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación que serán os participantes.
  • A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.

1.2. Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia, no seguinte enlace:

https://forms.gle/qoquEgJLcJzd97Pz7

1.3. A adxudicación pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia. Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.
  • Deberase aceptar a praza nun prazo máximo de 24 horas desde a recepción do correo electrónico, coa confirmación da praza, de non ser así será excluído/a.

1.4. Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.

1.5 No caso de que aparezan solicitudes presentadas por diferentes solicitantes, pero na que parte ou todas as persoas participantes sexan as mesmas, serán anuladas automaticamente.

IDADES E HORARIO

2.1. Idades

  • Nenas/os nadas/os nos anos:

2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012 e 2011

2.2. Número de nenos/as por lugar: 20

2.2. As datas establécense do seguinte xeito:

  • 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril de 2024

2.3. Horario:

  • Entrada: de 9.00 h a 10.00 h
  • Saída: de 13.00 h a 14.00 h

2.4. Lugares:

  • Muros: pavillón de Miraflores
  • Esteiro: pavillón Xosé Lago

2.5. Información:

  • Departamento de Servizos Sociais no número de teléfono 981 762 465
  • Centro Cultural e Xuvenil de Muros 981 762 294

BASES CONCILIA SEMANA SANTA 2024


Festa de Entroido dos “Anos 70” para maiores

Programa Vida Activa da Concellería de Servizos Sociais

? Venres, 9 de febreiro ás 20.30 h

? Antiga fábrica de Sel (Muros)

? Dirixida a persoas maiores de 60 anos

⏰ Prazo de inscrición ata o 7 de febreiro

? Inscrición: https://buff.ly/3SjsFjQ ou no 981 762 465 (Servizos Sociais) e no 981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil)


ACTIVIDADE | Piscina Activa +65

O Concello de Muros lanza a primeira actividade deste 2024 que se enmarca dentro do Programa de vida activa. A actividade chámase Piscina Activa +65 e consiste en diversas accións que se realizaran na Piscina Municipal de Muros en horario de 9:30h á 10:15h. As actividades serán o luns e/ou xoves en función das persoas que se anoten. 

Terán preferencia as persoas maiores de 65 anos. As persoas que teñan menos de 65 anos estarán nunha lista de agarda e poderán participar na actividade de existir prazas dispoñibles. 

Para inscribirse poden facelo cubrindo o seguinte formulario ou chamando o 981 762 465.

https://forms.gle/mfVEZ4Ma9QayijbP6


EMPREGO | Anuncio de aprobación das bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio

Anuncio de aprobación das bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio e que se transcriben a continuación.

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 1237/2023 de 21 de decembro, aprobáronse as bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio e que se transcriben a continuación:

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO, PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE MUROS

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante concurso oposición, para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda a domicilio para o desenvolvemento das funcións e tarefas propias do Servizo de Axuda no Fogar, cando se produza algunha das seguintes circunstancias (artigo 10.1 do TREBEP):

a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza.

b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas.

c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

As funcións a desenvolver son as propias do posto, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo do Concello de Muros. As retribucións serán as correspondentes ao grupo laboral V de acordo co cadro de persoal dos orzamentos de Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

+ INFO

MODELO SOLICITUDE OFERTA DE EMPREGO