A alcaldía deste concello mediante resolución 513/2026 adoptou os seguintes acordos:
PRIMEIRO. Aprobar a lista definitiva de persoas solicitantes admitidas e en reserva no Programa Concilia Verán 2026, que figura como Anexo I desta resolución.
SEGUNDO. Establecer que as persoas admitidas deberán aceptar a praza e presentar a documentación requirida no prazo máximo de 2 días naturais desde a publicación da listaxe. No caso de non cumprir este prazo, entenderase que renuncian á praza, procedéndose ao chamamento das persoas que figuren na lista de reserva, pola orde correspondente.
TERCEIRO. A documentación deberá presentarse no correo electrónico concilia@muros.gal, sendo a seguinte: Libro de familia e DNI do pai, nai ou persoa titora legal; tarxeta sanitaria da persoa menor; vida laboral de ambos proxenitores ou da persoa proxenitora no caso de familias monoparentais/monomarentais; e, de ser o caso, certificado acreditativo do grao de diversidade funcional.
O xoves, día 28 de maio de 2026, tivo lugar o sorteo público do Programa Concilia Verán 2026, conforme ao establecido nas bases reguladoras. O resultado do sorteo, así como a lista das solicitudes admitidas e en reserva, recóllese no Anexo I. De acordo co previsto nas bases da convocatoria, establécese un prazo de reclamacións de 2 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.
O Concello de Muros organiza os Campamentos Concilia Verán 2026, dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 (ambos incluídos), co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de xullo e agosto.
Preinscrición
O prazo de preinscrición estará aberto dende as 8:30 h do luns 11 de maio ata as 14:00 h do venres 22 de maio de 2026, e poderá realizarse por algunha das seguintes vías:
O obxectivo principal deste programa é: Favorecer a democratización do coñecemento; potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos das Comarcas colaboradoras no proxecto. Para elo utilizamos accións específicas que se concretan en varios obxectivos específicos que a continuación detallamos:
Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio
Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.
Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.
INSCRICIÓN As persoas interesadas en sumarse a esta proposta formativa universitaria poden xa realizar a súa inscrición telemática no seguinte enlace: https://forms.office.com/e/LWZXQhv9de
27/04/2026 | 16:30 – 18:00h O Museo: historia, patrimonio e comunidade Dona Mónica Rey Cabezudo (Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO) e Dona Dolores Barral Ribadulla, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia e docente do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO
28/04/2026 | 16:30 – 18:00h O Museo: historia, patrimonio e comunidade Dona Mónica Rey Cabezudo (Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO) e Dona Dolores Barral Ribadulla, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia e docente do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO
29/04/2026 | 16:30 – 18:00h A (des)igualdade de xénero a debate Dona Patricia Alonso Ruido profesora da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC
30/04/2026 | 16:30 – 18:00h A (des)igualdade de xénero a debate Dona Patricia Alonso Ruido profesora da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC
08/05/2026 | 16:30 – 19:00h Creación e participación en espazos dixitais: ferramentas e comunidades Dna. Stefany Sanabria Fernandes, Investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e docente colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo
Lugar de celebración: Oficinas de Servizos Sociais R/ Rosalía de Castro s/n · Teléfono: 981 762 465
Vistas as bases reguladoras do programa Concilia Primavera organizado polo Concello de Muros e, unha vez rematado o prazo de inscrición, conforme ao establecido no artigo 3 destas bases sobre a adxudicación de prazas,
Considerando que:
A adxudicación das prazas pode ser directa no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
Non se superaron as prazas ofertadas en ningún dos lugares establecidos.
Publicase a lista de persoas solicitantes admitidas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Muros e na páxina web, www.muros.gal, tal e como se recolle no Anexo I.
Prazo de preinscrición: dende as 8:30 h do día 17 de novembro ata as 14:00 h do día 28 de novembro. Formulario de solicitude
BASES DOS CAMPAMENTOS CONCILIA NADAL ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE MUROS PARA O ANO 2025/2026 [ BASES]
Artigo 1. SOLICITUDE E PRAZO
A solicitude de preinscrición farase a través do formulario electrónico habilitado, presentando o formulario de solicitude a través do rexistro na sede electrónica municipal (sede.muros.gal) ou nos rexistros de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
1.1. O prazo de solicitude de inscrición establécese do seguinte xeito:
Solicitude de preinscrición: das 8:30 h do 17 de novembro ata as 14:00 h do 28 de novembro.
O horario de presentación das solicitudes de xeito presencial no rexistro municipal será de 9:00 h a 14:00 h.
Sorteo público: o 4 de decembro ás 10:00 h (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
1.2. Tipos de solicitude:
Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.
Como cubrir a solicitude:
A persoa solicitante será a nai, pai, titor ou titora legal.
No caso das solicitudes múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación que serán os/as participantes.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do seguinte formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/qqKEU7rj6Lb7Gom56
Artigo 2. PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS
A efectos de información e posibles reclamacións procederase as seguintes publicacións:
Lista provisional de admitidos/as: publicarase o 10 de decembro na páxina web municipal e na sede electrónica municipal.
O prazo para presentar alegacións será de 2 días hábiles dende a publicación.
Lista definitiva de admitidos/as: publicarase o 15 de decembro.
Se o número de solicitudes non supera o das prazas dispoñibles, publicarase a lista de admitidas/os o 10 de decembro.
Artigo 3. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A adxudicación das prazas pode ser:
Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
Se o número de prazas solicitadas supera ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante sorteo público no que se seguirán as premisas de prioridade expostas nestas bases.
Mediante este sorteo tamén será dará lugar a unha lista de agarda para cada un das quendas programadas.
Deberase aceptar a praza e presentar a documentación requirida (artigo 5.2.) nun prazo máximo de 2 días naturais desde a publicación da lista definitiva coas persoas admitidas, de non ser así será excluído/a.
As vacantes que se produzan serán ofertadas aos solicitantes seguindo a orde da lista de agarda. Realizaranse tres chamadas entre as 9.00 h e 14.00 h aos números que se facilitaron na solicitude de praza. De non ter resposta do/a interesado/a nun prazo de 24 horas, este será dado de baixa e procederase a chamar ao seguinte da lista.
3.2. Establécense as seguintes prioridades:
1ª Nenos/as empadroados/as con nai, pai ou titor/a traballando en horario de mañá:
Terán prioridade os nenos/as empadroados/as no Concello de Muros con data de empadroamento anterior á aprobación destas bases, nos que ambos nai e pai, ou a nai, o pai ou titor/a no caso de familias monoparentais/monomarentais, conten cunha relación laboral vixente en horario de mañá.
2ª Nenos/as empadroados/as no Concello de Muros:
A continuación, priorizaranse os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros, con data de empadroamento anterior á aprobación destas bases.
3ª Nenos/as non empadroados/as con nai, pai ou titor/a traballando en horario de mañá:
De non cubrirse todas as prazas con nenos/as empadroados/as, priorizaranse os nenos/as non empadroados/as cuxa unidade familiar na que ambos nai e pai, ou a nai, o pai ou titor/a no caso de familias monoparentais/monomarentais, conten cunha relación laboral vixente en horario de mañá.4ª Nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros:
En último lugar, poderán acceder ás prazas os/as nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros que non cumpran os criterios anteriores.
3.3. No caso de que aparezan solicitudes presentadas por diferentes solicitantes, pero na que parte ou todas as persoas participantes sexan as mesmas, serán anuladas automaticamente.
Artigo 4. IDADES, DATAS E HORARIOS
4.1. Idades
Nenas/os nadas/os nos anos 2022, 2021 2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014 e 2013
4.2. Número de prazas por quenda: 30
4.3. As quendas establécense do seguinte xeito:
22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez*
22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro no EEI de Tal de Abaixo
* Estes lugares poderán sufrir modificacións en función da súa dispoñibilidade.
4.4. Horario:
Entrada: de 9:00 h a 9:15 h
Saída: de 13:30 h a 14:00 h
De luns a venres na quenda que corresponda, os días festivos non terá lugar a actividade.
2.5. Lugares:
Serres: CEIP Ramón de Artaza*
Tal: EEI Tal de Abaixo*
* Estes lugares poderán sufrir modificacións en función da súa dispoñibilidade.
Artigo 5. REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN
5.1. Para poder asistir aos campamentos é preciso:
Nacer nalgún dos anos correspondentes.
5.2. Documentación:
Será requirida, unha vez sexa concedida a praza, a seguinte documentación:
Libro de familia e DNI do pai, da nai ou do/a titor/a
Tarxeta sanitaria
Vida laboral de nai, pai ou titor/a, ou da nai, do pai ou titor/a no caso de familias monomarentais/monoparentais. No caso de persoas con discapacidade deberán presentar un certificado acreditativo do grao de discapacidade
Se esta documentación xa foi presentada ao Concello de Muros nos Campamentos Concilia Verán 2025, non será necesario entregala novamente, agás a vida laboral, que deberá ser actualizada.
A documentación complementaria para a adxudicación deberá presentarse electronicamente.
No caso de non presentala no prazo de 2 días naturais desde a publicación da acta coas persoas admitidas, será excluída.
5.3. No caso de que o/a neno/a padeza algunha necesidade especial farase constar na solicitude de participación.
Artigo 6. OBRIGACIÓNS
As persoas beneficiarias das prazas están obrigadas a:
Respectar os horarios establecidos.
Non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable.
Respectar as normas establecidas polo monitorado, as normas de réxime interior das respectivas instalacións, as relativas ao cumprimento de medidas persoais de hixiene e sanitarias.
No caso de incomparecencia ou de non acudir á actividade de forma habitual sen xustificación, a persoa beneficiaria poderá ser penalizada nas próximas actividades de características similares (campamentos de primavera, verán…).
O departamento de Servizos Sociais abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Vida Activa +65 | Obradoiro de Memoria: “Activa a túa mente” e Piscina Activa.
Data de comenzo o 3 de novembro Inscricións: Do 13 ao 30 de outubro | Prazas Limitadas | Oficinas de Servizos Sociais | 981 762 465
OBRADOIROS DE MEMORIA ACTIVA A TÚA MENTE
Data de comenzo o 3 de novembro
TOREA Martes e Xoves | 10:00 a 11:30 h
ESTEIRO Mércores e Venres | 10:00 a 11:30 h
MUROS Mércores e Venres | 12:00 a 13:30 h
Inscricións: Do 13 ao 30 de outubro | Prazas Limitadas Oficinas de Servizos Sociais | 981 762 465
ACTIVIDADES NA PISCINA
Data de comenzo o 3 de novembro
Luns e/ou xoves de 9:30 a 10:15 h
Inscricións: Do 13 ao 30 de outubro | Prazas Limitadas Oficinas de Servizos Sociais | 981 762 465
O mércores, día 28 de maio de 2025, tivo lugar o sorteo público dos Campamentos Concilia Verán 2025, conforme ao establecido nas bases reguladoras. O resultado do sorteo, así como a lista das solicitudes admitidas e en reserva, recóllese no Anexo I.
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, establécese un prazo de reclamacións de 2 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.
O Concello de Muros organiza os Campamentos Concilia Verán 2025, dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2012 e 2021 (ambos incluídos), co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de xullo e agosto.
Preinscrición
O prazo de preinscrición estará aberto dende as 8:30 h do mércores 14 de maio ata as 14:00 h do luns 26 de maio de 2025, e poderá realizarse por algunha das seguintes vías:
É un programa de formación dirixido aos alumnos maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación.
14/04/2025 | 16:30 – 19:30h Obradoiro: Poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais D. José Rial Budiño, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
15/04/2025 | 16:30 – 18:00h Despilfarro alimentario e pegada ambiental dos alimentos D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñería e profesor do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo
16/04/2025 | 16:30 – 18:00h Despilfarro alimentario e pegada ambiental dos alimentos D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñería e profesor do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo
21/04/2025 | 16:30 – 18:00h Alfabetización Audiovisual e Expresión Fílmica D. Álvaro Dosil Rosende, Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC
22/04/2025 | 16:30 – 18:00h Alfabetización Audiovisual e Expresión Fílmica D. Álvaro Dosil Rosende, Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC
Lugar de celebración: Oficinas de Servizos Sociais R/ Rosalía de Castro s/n · Teléfono: 981 762 465