EMPREGO | Preguntas máis frecuentes das persoas demandantes sobre as medidas COVID-19

TEÑO QUE RENOVAR PROXIMAMENTE A MIÑA DEMANDA DE EMPREGO, QUE TEÑO QUE FACER?

Nos tes que facer nada. Emprego Galicia renovará de oficio a túa demanda de emprego ata o próximo día 30 de setembro.

NUNCA ESTIVEN INSCRITA/O COMO DEMANDANTE DE EMPREGO EN GALICIA E NECESITO SOLICITAR A MIÑA ALTA INICIAL PARA TRAMITAR UNHA PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, ACCEDER A UNHA OFERTA OU POR ESTAR AFECTADA/O POR UN ERTE, COMO TEÑO QUE FACER?

Neste caso tes á túa disposición o novo Formulario de solicitude de alta inicial premendo neste enlace.

Unha vez rexistrada a túa solicitude, a oficina de emprego contactará contigo para consultar, de ser o caso, os datos que sexan necesarios para completar a túa demanda de emprego.

Se a túa demanda xa está rexistrada, o formulario dará un aviso advertindo que xa tes unha demanda no noso sistema. Consulta entón as seguintes preguntas.

NECESITO SOLICITAR UNHA PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, PERO TEÑO A MIÑA DEMANDA EN BAIXA, COMO DEBO ACTUAR?

Debes dirixirte directamente á Oficina de Prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) a través do sistema de cita previa virtual habilitado na súa web, neste  enlace.

Tamén podes empregar o novo formulario de pre-solicitude de prestación individual por desemprego dispoñible aquí.

Podes ampliar información nos seguintes enlaces:

CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo e elaboración dunha bolsa de traballo 2020

Por Resolución da Alcaldía núm. 720/2020 de 26 de xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros, 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2019, e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MUROS 2020, E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA DP0029/2020

1. Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de Turismo do Concello de Muros (informadores turísticos e guía turístico), anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

2. Características do posto

Área de subscrición: Turismo
Denominación dos postos e prazas: 1 guía turístico/a e 2 informador/a turístico/a
Grupo: III
Soldo: 1.281,06 €
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Postos e duración: 1 guía turístico durante 4 meses | 2 informadores turísticos durante 3 meses

Titulación: Certificado de estudos segundo o previsto na letra nos puntos 4 g) e 4 h) das bases

Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente

Funcións: O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de visitas guiadas polo casco histórico de Muros, así como de información e atención ás persoas usuarias das oficinas de turismo de Muros. Tamén deberá realizar aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais competentes ou polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do Concello relacionadas co posto de traballo.

ANUNCIO | Lista provisional de persoas admitidas e exluídas, composición do Tribunal e convocatoria do primeiro e segundo exame para a selección de persoal da brigada de incendios 2020

Por resolución da Alcaldía núm. 717/2020 de 25 de xuño de 2020, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 642/2020 de 5 de xuño de 2020 pola que se aprobaron as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020 e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso selectivo e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria

ANUNCIO | Lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo de auxiliares de axuda do fogar 2020

Por Resolución da Alcaldía núm. 709/2020 de 25 de xuño, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 333/2020 de 10 de marzo pola que se aprobaron bases e a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de contratación, como persoal laboral temporal, de auxiliares de axuda no fogar no Concello de Muros, publicada no BOP núm. 50 de 13 de marzo de 2020.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso e de conformidade co previsto nas bases desta convocatoria,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria referenciada

PERSOAS ADMITIDAS

CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias 2020

Por Resolución de Alcaldía núm. 673/2020 de 17 de xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2020 E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2020

1. Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2020, durante un período de 3 meses mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na resolución da contratación.

Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación de persoal por parte dos concellos para a limpeza de praias marítimas, solicitada dentro da convocatoria de subvencións da Deputación aprobadas na Xunta de Goberno do 10 de febreiro de 2020 e publicadas no BOP núm. 29 de 12 de febreiro de 2020.

No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto.

2. Características do posto

Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Prazas: 5
Duración: 3 meses e 10 días
Grupo: V
Soldo: 1.108,34 euros

Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación. Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

3. Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral para a brigada de incendios 2020

Por Resolución desta Alcaldía núm. 642/2020 de 5 e xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural.

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE 2 CAPAZACES, 2 PEÓNS CONDUTORES E 6 PEÓNS, PARA A CREACIÓN DE DÚAS BRIGADAS DE INCENDIOS 2020, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO

1. Obxecto da convocatoria

Constitúe o obxecto destas bases a aprobación da convocatoria e regulación do proceso selectivo para a provisión mediante contratación laboral temporal de persoal para a creación de dúas brigadas de incendios do Concello de Muros 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación. No soldo previsto no punto 2 están incluídas as retribucións de turnicidade, festividade, nocturnidade e parte proporcional das pagas extras.

Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal, debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.

2. Características dos postos

Área de subscrición: Seguridade

Denominación dos posto: Capataz forestal Prazas: 2

  • Duración: 3 meses Grupo: III
  • Soldo: 1.550,00 € por todos os conceptos

Denominación dos posto: Peón condutor Prazas: 2

  • Duración: 3 meses Grupo: V
  • Soldo: 1.250,00 € por todos os conceptos

Denominación dos posto: Peón Prazas: 6

  • Duración: 3 meses Grupo: V
  • Soldo: 1.200,00 € por todos os conceptos

Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo Titulación: Certificación de estudos segundo o previsto no punto 4 g).

Outros coñecementos: CELGA 4 para a praza de capataz e CELGA 1 para a de peón.

Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos postos de traballo nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, consistentes na realización, por parte de todos os membros da brigada, de tarefas de limpeza de masa forestal e extinción de incendios forestais. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo. O horario de traballo será en quendas rotativas de mañá, tarde e noite.

CONTRATACIÓN | Proposta definitiva para a contratación de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais 2020

Na sesión celebrada o día 5 de xuño de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020, adoptou, os seguintes acordos:

Rematado o prazo para presentar alegacións a proposta do tribunal do día 2 de xuño de 2020, e non existindo reclamacións o tribunal acorda dar por válida a proposta para as contratacións e a creación da bolsa de traballo dos peóns de Obras públicas, anualidade 2020, segundo o previsto no anexo I.

ANEXO 1

APELIDOS E NOMEDNIExp. laboralFormaciónCarne CondTOTAL
PNN***8534**12,500,75114,25
JRL***9112**12,500,75114,25
MFC***5214**12,50113,50
JLG***6095**12,50113,50
JAP***2436**12,50113,50
JRA***3828**8,3419,34
JBP***1269**7,5318,53
JEF***9160**4,504,50
JIP*** 9441**1,330,7513,08
JFF** * 4876**0.4811,48
MLF***1444**1,471,47
JFT*** 3785**11
JLG***8368* *11
CNM***6136**11
JMT***8543**0
DMC***0254**0

INFORMACIÓN | Reanudación do prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo de auxiliares de axuda no fogar

Segundo o establecido no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, (BOE número 145 do 23 de maio de 2020), con efectos do 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos polo estado de alarma reanúdanse.

Polo tanto, o prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de traballo de persoal laboral temporal de auxiliares de axuda no fogar publicado no BOP núm. 50 do 13 de marzo de 2020, remata o próximo 15 de xuño de 2020.

CONTRATACIÓN | Proposta de contratación de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos municipais 2020

Na sesión celebrada o día 2 de xuño de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de Obras e Servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020, adoptou, os seguintes acordos:

Primeiro.- Acórdase publicar o resultado da realización da proba de galego que se publica como anexo 1.

Segundo.- Acórdase publicar o resultado total do proceso selectivo, por orde decrecente das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo como anexo 11.

Terceiro.-  Proponse a contratación como peóns albaneis aos seguintes aspirantes,

PNN***8534**
JRL***9112**
MFC***5214**
JLG***6095**
JAP***2436**
JRA***3828**

Cuarto.- Proponse a creación da bolsa de traballo cos aspirantes non seleccionados que superaron o proceso selectivo e que integrarán a bolsa de traballo, segundo o previsto no punto 9 das bases, coa seguinte orde de chamamento en atención a puntuación acadada:

JBP***1269**
JEF***9160**
JIP***9441**
JFF***4876**
MLF***1444**
JFT***3785**
JLG***8368**
CNM***6136**
JMT***8543**
DMC***0254**

Quinto.- Segundo o previsto no punto 9 das bases do proceso selectivo, contra estes acordos poderase presentar nun prazo de dous días naturais as reclamacións que se consideren oportunas.

COVID-19 | Programa de apoio para a adaptación dos establecementos turísticos da ría de Muros-Noia ante a Covid-19

Convocante: Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia. A ARD Ría de Muros Noia é unha asociación integrada polos Concellos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.

Ámbito territorial do programa: o Xeodestino Ría de Muros Noia, integrado polos Concellos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.

Beneficiarios: establecementos, empresas e profesionais turísticos que teñan a súa sede en calquera concello do xeodestino ou empresas e profesionais que, tendo a súa sede social fóra do xeodestino, desenvolvan servizos ou produtos turísticos no Xeodestino Ría de Muros Noia.

No segundo suposto, só poderán beneficiarse do programa os servizos ou produtos desenvolvidos efectivamente no Xeodestino Ría de Muros Noia.

Os subsectores que poderán beneficiarse deste programa son aqueles que correspondan cos manuais editados pola Xunta de Galicia a través de calquera canle oficial.

Descrición dos servizos que recibirán os beneficiarios:

  • Asistencia personalizada por unha asesoría na sede de cada negocio ou lugar onde se preste o servizo.
  • Subministración de todos os elementos de cartelería, sinalización e marcado de chan precisos para a aplicación das prescricións contidas nos manuais da Xunta de Galicia.
  • Servizo de asesoramento e resolución de dúbidas por vía telefónica ou telemática prestado directamente polo/a asesor/a asignado/a a cada establecemento.
  • Aportación de todos os documentos e declaracións a cumprimentar polo empresario e asistencia para a cumprimentación.
  • (Só para establecementos con categoría de restaurante) Posta á súa disposición de cartas de menús en formato dixital que substitúan ás tradicionais.

Publicidade:  estas están dispoñibles en http://riademurosnoia.com/descargas/covid19/

O anuncio do programa será feito nun diario de máxima audiencia na Ría de Muros Noia.

Presentación de solicitudes: as solicitudes para participar no programa deben remitirse a destinoseguro@riademurosnoia.com e consistirán en:

  • Nome e apelidos do/a demandante.
  • Teléfono de contacto.
  • Denominación do establecemento ou actividade para o que desexa o servizo.

Con posterioridade, a ARD Ría de Muros Noia poderá solicitar outros documentos que acrediten o cumprimento doutros requisitos de participación.

Datas límite de presentación de solicitudes de participación: a data límite de presentación de solicitudes é o 15 de xuño de 2020.

Procedemento de recepción do servizo polos beneficiarios: tras o envío da solicitude ao enderezo de correo indicado máis arriba, o/a solicitante recibirá, nun prazo máximo de 72 horas a chamada dun/dunha asesor/a para concertar unha cita para unha primeira visita e iniciar o proceso.