O Concello de Muros vén de convocar as subvencións dirixidas ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnado (ANPA) dos centros públicos do municipio para a realización de actividades de apoio educativo durante o ano 2026.
O obxectivo desta liña de axudas é apoiar o desenvolvemento de proxectos e actividades que contribúan á formación integral do alumnado e favorezan a conciliación da vida familiar e laboral.
Poderán solicitar estas subvencións as ANPAs dos centros de educación pública do Concello de Muros, legalmente constituídas e sen ánimo de lucro, que desenvolvan actividades educativas e de apoio ao alumnado no ámbito municipal.
A contía máxima da axuda será de 2.000 euros por proxecto, debendo a entidade beneficiaria achegar un mínimo do 10 % do custo total da actividade subvencionada.
O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto do 10/06/2026 ao 10/07/2026, ambos os dous incluídos. As solicitudes deberán presentarse mediante os modelos normalizados dispoñibles na sede electrónica e na páxina web municipal.
Para máis información e acceso á documentación da convocatoria, as persoas interesadas poden consultar a sede electrónica e a páxina web do Concello de Muros.
O obxectivo principal deste programa é: Favorecer a democratización do coñecemento; potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos das Comarcas colaboradoras no proxecto. Para elo utilizamos accións específicas que se concretan en varios obxectivos específicos que a continuación detallamos:
Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio
Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.
Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.
INSCRICIÓN As persoas interesadas en sumarse a esta proposta formativa universitaria poden xa realizar a súa inscrición telemática no seguinte enlace: https://forms.office.com/e/LWZXQhv9de
27/04/2026 | 16:30 – 18:00h O Museo: historia, patrimonio e comunidade Dona Mónica Rey Cabezudo (Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO) e Dona Dolores Barral Ribadulla, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia e docente do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO
28/04/2026 | 16:30 – 18:00h O Museo: historia, patrimonio e comunidade Dona Mónica Rey Cabezudo (Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO) e Dona Dolores Barral Ribadulla, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia e docente do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO
29/04/2026 | 16:30 – 18:00h A (des)igualdade de xénero a debate Dona Patricia Alonso Ruido profesora da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC
30/04/2026 | 16:30 – 18:00h A (des)igualdade de xénero a debate Dona Patricia Alonso Ruido profesora da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC
08/05/2026 | 16:30 – 19:00h Creación e participación en espazos dixitais: ferramentas e comunidades Dna. Stefany Sanabria Fernandes, Investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e docente colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo
Lugar de celebración: Oficinas de Servizos Sociais R/ Rosalía de Castro s/n · Teléfono: 981 762 465
O pasado mércores, 20 de agosto de 2025, publicouse no BOP nº 157 a convocatoria de subvencións municipais destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado para a realización de actividades de apoio educativo durante o ano 2025.