Na II Gala do Deporte Concello de Muros que se celebrará o vindeiro 20 de decembro, hai unha categoria na que os veciños/as teñen que elexir ao seu deportista favorito, isto vai a través dunha votación popular (un voto por dispositivo), ahí van os candidatos . Que gañe a/o mellor!
Data límite da votación ata o 18 de decembro as 14:00 h.
O Concello de Muros, a través da Concellería de Deportes, quere premiar aos distintos clubs, entidades, deportistas… con relevancia no municipio, polos éxitos obtidos e o labor deportivo realizado no ano 2025. Considérase relevante este recoñecemento, para continuar co obxectivo primordial desta Concellaría que é o fomento do deporte e para motivar aos clubs e deportistas valorando a súa dedicación, constancia e esforzo no ámbito deportivo.
O obxectivo principal da II Gala do Deporte do Concello de Muros é recoñecer publicamente o esforzo, dedicación, entrega e en definitiva os valores que representan o deporte.
O prazo para a presentación das candidaturas, que se formalizarán no modelo oficial correspondente que se incorpora a esta convocatoria, será ata ás 14:00 h do venres 28 de novembro de 2025.
Data e lugar de celebración da II Gala do Deporte ano 2025:
Para formalizar a matrícula, deberá aboarse a cota anual de 30 € por persoa e actividade, no período comprendido entre o 23 e o 29 de setembro, a través das seguintes opcións:
Ingreso bancario
Concepto do pagamento:
Nome e apelidos da persoa participante | Escola deportiva na que se matricula
Pago presencial
Con tarxeta bancaria nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
Unha vez formalizada a matrícula, as actividades darán comezo a partir do luns 6 de outubro.
Agradecemos a súa colaboración e quedamos á súa disposición para calquera dúbida ou aclaración.
Preinscrición: Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:
Matrícula: Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos)
Inicio das actividades: As escolas deportivas constituídas darán comezo a partir do 6 de outubro de 2025 (luns) en función do día que lle corresponda a cada actividade.
Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025
Publicación dos horarios
22 de setembro de 2025
Matrícula
Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos)
Inicio das actividades
6 de outubro de 2025
3. Horarios
Cada escola deportiva consistirá nunha única sesión semanal. Con todo, existen excepcións para as seguintes modalidades:
As escolas deportivas, “Ximnasia de mantemento en Muros (Pavillón de Miraflores) e Ximnasia de mantemento/Body Tónic en Esteiro, (Pavillón Xosé Lago)” contarán con 2 sesións semanais ao realizaranse en instalacións propiamente deportivas.
Con isto, as persoas que participen nas actividades de ximnasia de mantemento en Louro, Abelleira e Torea poderán dispoñer dunha hora adicional en calquera das instalacións propiamente deportivas, “Ximnasia de mantemento en Muros (Pavillón de Miraflores) ou ximnasia de mantemento/Body Tónic en Esteiro (Pavillón Xosé Lago), sempre previa comunicación ao Concello de Muros.
Os horarios faranse públicos o 22 de setembro de 2025. Estarán expostos nos taboleiros dos pavillóns, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, na páxina web do Concello de Muros, www.muros.gal e na sede electrónica municipal, sede.muros.gal.
Para a consulta telefónica dos horarios habilítanse os seguintes teléfonos:
682 212 336 (pavillón de Miraflores)
981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
4. Prazas
Esteiro (Pavillón Xosé Lago)
MODALIDADE
PRAZAS
Bádminton
Sen límite
Baloncesto
Sen límite
Fútbol sala
Sen límite
Patinaxe
Sen límite
Ximnasia mantemento/body tónic
Sen límite
Muros (Pavillón de Miraflores)
MODALIDADE
PRAZAS
Actividades predeportivas
Sen límite
Baloncesto
Sen límite
Fútbol sala
Sen límite
Patinaxe
Sen límite
Ximnasia de mantemento
Sen límite
Iniciación ao xadrez
Sen límite
Louro
MODALIDADE
PRAZAS
Ximnasia de mantemento
Limitadas
Abelleira
MODALIDADE
PRAZAS
Ximnasia de mantemento
Limitadas
Torea
MODALIDADE
PRAZAS
Ximnasia de mantemento
Limitadas
A adxudicación das prazas pode ser:
Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
Será necesario un número mínimo de 6 persoas para a constitución de cada escola deportiva.
5. Preinscrición: Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025
É persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:
No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
6. Matrícula: Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos)
É persoal e intransferible e deberase facer unha vez comprobada a adxudicación da praza, os horarios das escolas e do/s grupo/s no que a persoa interesada solicitou a preinscrición.
O alumnado deberá aboar a cota de participación no número de conta establecido por parte do Concello de Muros durante o período de matrícula.
7. Cota
A cota de participación será de 30,00 € anuais e deberase aboar no período de matrícula.
8. Inicio das actividades: 6 de outubro de 2025
As escolas deportivas constituídas darán comezo a partir do 6 de outubro de 2025 (luns) en función do día que lle corresponda a cada actividade.
9. Datas
As escolas deportivas impartiranse dende o 06/10/2025 ata o 29/05/2026, interrompéndose durante os períodos vacacionais correspondentes.
10. Requisitos
Para poder asistir ás escolas deportivas é preciso:
Nacer nalgún dos anos correspondentes ás diferentes quendas.
Non padecer ningunha enfermidade que lle impida practicar deporte.
O pai, a nai ou titor/a deberá cumprimentar a pertinente autorización de participación nos cursos.
11. Outros
Se houbera a suficiente demanda para constituír outra escola deportiva que non se recolle nestas bases, estudarase a posibilidade de poder incluíla.
Calquera circunstancia que non apareza nestas bases será tratada de maneira individual, previa solicitude da persoa interesada, así como calquera circunstancia de carácter especial que se puidera producir.
O pasado mércores, 20 de agosto de 2025, publicouse no BOP nº 157 a convocatoria de bolsas destinadas a deportistas do Concello de Muros durante o ano 2025.
O pasado mércores, 20 de agosto de 2025, publicouse no BOP nº 157 a convocatoria de subvencións dirixidas a clubs deportivos e entidades para o fomento da actividade física, ano 2025.
Aprobadas as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal por concurso oposición de monitor/a socorrista, Grupo IV, do Concello de Muros.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicado o 3/6/2025).
Dende o Concello de Muros infórmase que, unha vez finalizado o prazo de presentación de preinscricións o pasado 2 de decembro de 2024 para participar na Campaña de Neve 2025 organizada pola Deputación da Coruña, rexistrouse un número de solicitudes superior ás prazas asignadas ao Concello. Por este motivo, procederase á realización dun sorteo público para adxudicar as 6 prazas dispoñibles.
Data: Luns, 9 de decembro de 2024 Hora: 14:00 horas Lugar: Salón de Plenos do Concello de Muros
O sorteo levarase a cabo seguindo as indicacións establecidas pola Deputación da Coruña, que especifican expresamente que “terán preferencia os/as nenos/as que non participasen en ningunha campaña de neve da Deputación”.
Xa está aberta a inscrición para a Campaña da Neve 2025!
O Concello de Muros conta con 6 prazas dispoñibles para esta actividade, dirixida a rapaces e rapazas de 11 a 15 anos empadroados no noso concello.
? Quenda: 7 ao 10 de febreiro de 2025 (5ª quenda) ? Cota de inscrición: 85 € ? Descarga do formulario de inscrición: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/ ? Entrega de solicitudes: Rexistro municipal do Concello de Muros ou sede.muros.gal ? Fin prazo de inscrición: 02/12/2024
No caso de superar o número de prazas dispoñibles, procederase a un sorteo público entre todas as solicitudes.
A inscrición inclúe:
Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares
Monitores/as e clases de esquí
Seguros e aluguer de material
Remontes mecánicos e gastos de actividades e cursos programados
ℹ Para máis información, podedes acudir ás oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.