ANUNCIO | Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música

Abrimos o prazo da matrícula na Escola Municipal de Música dende o 1 ata ata o 18 de setembro.

MUROS (EDIFICIO SAN XOSÉ)

  • Luns, mércores e venres: 10.00 – 14.00 h 
  • Martes: 16.00 – 20.00 h

ESTEIRO (O AREAL)

  • Martes e xoves: 10.00 – 14.00 h
  • Mércores: 16.00 – 20.00 h

Tamén poden mandar o folleto cuberto ao seguinte enderezo electrónico: esmu.municipal.muros@edu.xunta.es

INFORMACIÓN:
Oficina da Escola Municipal de Música
R/ San Xosé · Muros
O Areal – Esteiro
Correo-e: esmu.municipal.muros@edu.xunta.es

IMPRESOS:

ANUNCIO | Convocatoria de concesión de subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020

Mediante resolución da Alcaldía do Concello de Muros núm. 929/2020 de 17 de agosto, aprobouse a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020, que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MUROS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITVA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NO ANO 2020

1. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións están publicadas no BOP número 138, de 23 de xullo de 2019

2. Contía

O Concello de Muros poderá conceder subvencións de ata un máximo de 1.500,00 € por proxecto. A contía de todas as axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria sumará un máximo de 11.000 €, con cargo á partida orzamentaria 20/334.48000, correspondente á anualidade 2020.

3. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é contribuír ao desenvolvemento de programas e actividades culturais concretas no concello de Muros, en particular aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento da cultura galega.

De acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade e de protección contra a violencia de xénero, non é subvencionable ningunha actividade ou actuación que inclúa contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que inciten á desigualdade ou violencia.

4. Beneficiarias

As entidades legalmente constituídas, que carezan de fins de lucro, estean rexistradas no Rexistro de Asociacións de Galicia, teñan a súa sede no Concello de Muros e desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial municipal do Concello de Muros e non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

5. Órgano competente para a instrución e resolución

A concesión das subvencións realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva e será aprobada por unha resolución da alcaldía ou órgano no que se delegue, despois da proposta motivada da comisión avaliadora correspondente.

Conforme ao establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, crearase unha comisión de valoración que estará composta polos seguintes membros:

Presidenta: alcaldesa do Concello de Muros.

Secretaria: secretaria municipal, que participará con voz pero sen voto.

Vogais: O interventor, ou funcionario do departamento de Asuntos Económicos no que delegue e un/unha técnico da área de Cultura.

Desígnase coma Órgano Instrutor, coas funcións previstas nos artigos 24 da Lei Xeral de Subvencións e 21 da Lei de Subvencións de Galicia, a persoa que teña funcións de técnico da área de Cultura do concello de Muros

6. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes e iniciarase no día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Coruña.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados, que se anexan con esta resolución, por calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

7. Prazo de resolución e notificación

A resolución de concesión notificarase expresamente a todas as persoas solicitantes de forma fidedigna nun prazo máximo de tres meses dende a data límite de presentación de solicitudes.

As subvencións concedidas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Muros e na súa páxina web www.muros.gal.

Vencido o prazo máximo sen que sexa notificada a resolución expresa a persoa interesada deberá entenderse desestimada a solicitude por silencio administrativo.

8. Prazo de xustificación

O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 15 de novembro de 2020.

9. Fin da vía administrativa

O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa, sendo susceptible de recurso de reposición perante o mesmo órgano que resolva, conforme o dispón o artigo 123 da Lei 39/2015, no prazo de un mes a contar dende a día seguinte da recepción da notificación.

SEGUNDO. Aprobar o gasto por importe de 11.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 20/334.48000 do orzamento xeral do Concello de Muros

TERCEIRO. Publicar esta convocatoria de concesión de subvencións do Concello de Muros dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aos efectos legalmente previstos no apartado 6 do punto primeiro da parte dispositiva desta resolución.

PROGRAMACIÓN | Actividades culturais do 3 ao 22 de agosto de 2020

Luns, 3 | 22.00 h
Centro cultural – MUROS
CINE
“PREMIOS DARWIN. A TOURNÉ”

programa “Visións”.

Martes, 4 | 22.00 h
San Francisco – LOURO
CINE DE RÚA
“CAVERNÍCOLA”

programa “Visións”

Mércores, 5 | 22.00 h
Centro cultural – MUROS
CINE
“QUIEN A HIERRO MATA”

programa “Visións”

Xoves, 6 | 22.00 h
O Artón – ESTEIRO
CINE DE RÚA
“LA CASA DEL RELOJ EN LA PARED”

programa “Visións”

Venres, 7 | 22.00 h
Centro cultural – MUROS
CINE
“Eroski-Paraíso”

Sábado, 8 | 21.30 h
Curro da Praza – MUROS
CONCERTO
“ADHARA ¬ RITMAN”

Rede Cultural Deputación da Coruña

Domingo, 9 | 21.30 h
Praza do Mercado – MUROS
TEATRO
TALÍA “Voa, voa Xoaniña”

Programa FalaRedes

Luns, 10 | 21.30 h
O Artón – ESTEIRO
TEATRO CIRCO
THE FREAK CABARET CIRCUS “Bicirco”

Rede Cultural Deputación da Coruña

Martes, 11 | 21.30 h
Praza do Mercado – MUROS
TEATRO
TALÍA “Lambetadas”

R.G.T.A. da AGADIC

Mércores, 12 | 21.30 h
Praza do Mercado – MUROS
TEATRO CIRCO
CIRCO CHOSCO “Chosco voando”

Rede Cultural Deputación da Coruña

Xoves, 13 | 21.30 h
Praza do Mercado – MUROS
CÓNTOCHE UN TRAXE
“O traxe que fala”

Rede Cultural Deputación da Coruña

Venres, 14 | 21.30 h
Curro da Praza – MUROS
CONCERTO
TANXUGUEIRAS

Rede Cultural Deputación da Coruña

Martes, 18 | 21.30 h
San Francisco – LOURO
TEATRO
GHAZAFELHOS “A illa sen tesouro”

Rede Cultural Deputación da Coruña

Sábado, 22 | 21.30 h
MUROS
PASACALLES
XACARANDAINA

Programa Danza3. AGADIC

Do 1 ao 28 de agosto
CENTRO PATRIMONIAL DE SEL – MUROS
EXPOSICIÓNS DE PINTURA
“CROMA”
“LOS COLORES DEL AGUA”

NORMAS:
ENTRADAS DE BALDE
AFORO LIMITADO. RESERVA PREVIA NO TELÉFONO 981 762 294
RESPECTO ABSOLUTO AO ESPAZO ASIGNADO E ÁS MEDIDAS SANITARIAS VIXENTES: DISTANCIA SOCIAL, USO DE MÁSCARA…

ESCOLA DE MÚSICA | Abrimos o prazo da preinscrición na escola municipal de música para o curso escolar 2020/21

Abrimos o prazo da preinscricion da Escola Municipal de Música dende o 1 ata o 31 de xullo.

MUROS (EDIFICIO SAN XOSÉ)
Luns, mércores e venres de 10.00 – 14.00 h

ESTEIRO (NO AREAL)
Martes e xoves de 10.00 – 14.00 h

Tamén poden mandar o folleto cuberto ao seguinte correo esmu.municipal.muros@edu.xunta.es

Información:
Oficina da Escola Municipal de Música
R/ Rúa San Xosé · Muros
O Areal – Esteiro
Correo electrónico: esmu.municipal.muros@edu.xunta.es

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN | Oferta dos campamentos de verán municipais 2020

Os campamentos de verán 2020 terán lugar no mes de xullo (agosto en función da lista de reservas) e estarán dirixidos a nenos/as de 6 a 11 anos (en función do ano de nacemento) tendo preferencia os/as empadroados no Concello de Muros.

Desenvolveranse en dúas quendas de idade, que se realizarán de maneira simultánea nos pavillóns Xosé Lago (Esteiro) e Miraflores (Muros).

O prazo de preinscrición estará aberto dende o 15 de xuño e prolongarase ata o próximo 26 de xuño. O proceso de selección farase mediante un sorteo no caso de superar as prazas ofertadas.

No seguinte enlace podes consultar as bases reguladoras (horarios, quendas, preferencias, medidas…).

Para realizar a preinscrición debes descargar o formulario específico  e presentalo, preferentemente, na sede electrónica do Concello de Muros sede.muros.gal (mediante certificado dixital ou DNIe), de non ser posible tamén se poderá presentar no rexistro xeral situado na casa do Concello.

TEATRO | “Carabela” (compañía Galeatro) para público infantil e familiar

O CONCELLO DE MUROS CELEBRA O DÍA DO MEDIO COA REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO “CARABELA” O VENRES 5 DE XUÑO NO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS

Día: venres 5 de xuño de 2020
Hora: 18.00 h
Recinto: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Entrada: de balde e con reserva anticipada
Público: a partir de 3 anos e familia

Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.

A compañía Galeatro nace en Carballo en 2013 e cun obxectivo moi claro, difundir o teatro dun xeito didáctico e divertido. Ao fronte dela, Tone Martínez e Alba Bermúdez, licenciados en Arte Dramático.

Davide González dirixe este espectáculo, escrito por Paula Carballeira, interpretado por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Davide González e recomendado especialmente para público familiar e a partir dos tres años.

A función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas nesta ocasión serán de balde e con reserva previa obrigada, que se pode facer directamente nas oficinas do Centro Cultural, no teléfono: 981 762 294, ou no correo-e: cultura@muros.es. O número de espectadores non pode superar ás 50 persoas e adxudicaranse por orde de reserva.

Existen unha normas especiais por atoparnos na Fase 2 de desescalada da pandemia provocada polo Covid-19, que achegamos ao final desta nova.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a toda a veciñanza a pasar unha fantástica tarde de sábado no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil aproveitando para reflexionar sobre os estragos que a humanidade lle estamos a causar ao medio, algo que considera de importancia vital nesta etapa da nosa historia, e que ademais ao estar centrada no problema do lixo mariño, ten un significado especial, sobre o que é moi importante sensibilizar á nosa veciñanza.

VOLTA AO TEATRO. NORMAS E MEDIDAS A SEGUIR FASE 2 | COVID-19