Infórmase que o vindeiro luns día 15 dende as 9:00 ata as 14:00 está programado un corte no subministro de auga potable na zona de Abelleira (dende Ventín ata A Viña).
O motivo deste corte no subministro é a instalación dun contador xeral á saída do depósito de Abelleira, así como a substitución e renovación completa da cámara de chaves deste depósito.
Lamentamos as molestias ocasionadas pola interrupción temporal do subministro, máis compre recordar que son tarefas de mellora no sistema de abastecemento.
De todo o cal se informa para o seu coñecemento.
Espina & Delfín S.L. Empresa Concesionaria do Servizo Municipal de Augas
Caamaño&Ameixeiras, Boyanka Kostova, Xián Pais e Meu Cariño, cartel dos concertos do luns 30
O sábado 28, Muros celebra de novo o Día do Orgullo coa ‘Festa das Cores’ e outras actividades de concienciación e lecer
Olympus, Acordes e Escaparate serán as orquestras das festas
O Concello de Muros presentou hoxe a programación das súas Festas de San Pedro, que se celebrarán os días 28, 29 e 30 de xuño.
Participaron na presentación do programa das festas a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Festexos, Laura Rivadeneira, e a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.
O cartel deste ano é de Uxía Saborido, deseñadora gráfica de Esteiro.
“Unhas festas moi especiais para Muros, nas que como o ano pasado mantemos as tradicións e amosamos que somos un concello aberto, respectuoso e plural”, asegura a alcaldesa, María Lago, que convida ás festas a toda a veciñanza e os visitantes.
Como o ano pasado, Muros celebra o sábado 28 de xuño a Festa do Orgullo, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBT. Haberá a ‘Festa das Cores’ e outras actividades de lecer, como obradoiros de camisetas, chapas e sacas, antes de dar paso á Orquestra Escaparate e Disco Móbil Impacto. “Unha xornada festiva para celebrar o Orgullo e concienciar sobre o respecto e a pluralidade”, explica a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.
O domingo 29 haberá procesión e misa cantada pola coral Don Diego de Muros, fogos de artificio e as orquestras Olympus e Acordes. Laura Rivadeneira lembra ademais que “repetimos a sesión vermú do domingo, unha das novidades do ano pasado”.
O luns, como fin de festa, concerto con Caamaño&Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e o baile de raíz cunha gran traxectoria nacional e internacional; Boyanka Kostova, pioneiros do trap galego; Xián Pais, de Louro, e Meu Cariño, de Campo de Cortes.
As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14:00 horas do día 19 de xuño de 2025, cumprimentando o modelo de solicitude. Aquelas persoas que xa a teñan solicitada deberán comprometerse a cumprir a normativa de aplicación.
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS
1.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.
2.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 mts. Os responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.
3.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas, …). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas
4.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, os responsables deberán asegurarse de que o lume queda completamente apagado.
5.- Mediante estas normas o Concello pretende garantir a seguridade das persoas, facendo compatible a celebración dunha festa tradicional coa seguridade de todos. En todo caso, o Concello aconsella prudencia.
As autorizacións outorgadas non eximirán en ningún caso das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.
Anuncio da lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, tribunal e data do exame do proceso selectivo complementario para incrementar o persoal da bolsa de emprego de limpador/a de edificios públicos e vía pública do Concello de Muros.
Dende o Concello de Muros informamos á veciñanza que, a causa da ALERTA LARANXA emitida pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que afecta a diversas zonas de Galicia a partir do mediodía do venres 24, e recoméndase:
Adoptar medidas preventivas para garantir a seguridade.
Evitar desprazamentos innecesarios.
Non permanecer en zonas arboradas, parques ou espazos exteriores expostos a refachos de vento e fortes precipitacións.
E decrétase a suspensión de todas as actividades programadas ao aire libre mentres dure esta alerta.
Agradecemos a colaboración da veciñanza e rogamos que sigan as recomendacións das autoridades. Ante calquera emerxencia, chamen ao 112.
Hoxe, 7 de xaneiro de 2025, cúmprense 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no exilio en Bos Aires. Castelao foi e segue sendo unha das figuras máis destacadas da historia de Galiza, exemplo de integridade, loita polos dereitos do noso pobo e compromiso cunha Galiza xusta e libre.
O Concello de Muros quere honrar a súa memoria e o seu legado, tanto no ámbito político como artístico, e fai un chamamento á veciñanza e ás entidades culturais a participar na programación ao redor da figura de Castelao que se levará a cabo neste ano 2025 para divulgar a súa obra e pensamento.
Informamos a toda a veciñanza que con motivo do Festival das Carrilanas de Esteiro, que se celebrará o 19, 20 e 21 de xullo de 2024, está prohibido o acceso e aparcamento nas zonas vermellas,
PROHIBIDO ACCESO E APARCAMENTO ARTÓN – PASEO DE PARAMEÁN DO 18 AO 22 DE XULLO
Agradecerlle a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlle que na medida do posible organice o uso do seu vehículo para minimizar incidencias tanto para vostede como para o desenvolvemento do festival.
Bases e convocatoria para o outorgamento de autorizacións temporais de ocupación de dominio público no mercado de abastos do Concello de Muros para a temporada estival na campaña denominada “Ven e proba” 2024.
Prazo presentación de solicitudes: 8 días naturais contados a partir do día hoxe (18/6/2024)
As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14:00 horas do día 19 de xuño de 2024, cumprimentando o modelo de solicitude. Aquelas persoas que xa a teñan solicitada deberán comprometerse a cumprir a normativa de aplicación.