CAMPAÑA DE NEVE 2024 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña anunciou a súa programación deportiva para o ano 2024, que inclúe unha campaña de esquí na estación de Valgrande-Pajares dirixida a 600 nenos e nenas da provincia da Coruña.

Nesta iniciativa, as pesoas participantes gozarán de 4 días con aloxamento e manutención nun albergue situado xunto ás pistas de esquí. Ademais, recibirán cursos de esquí e participarán en actividades complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

A campaña está aberta a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos, cumpridos antes do 31 de decembro de 2023 e a cota de participación é de 85 euros por neno/a.

A campaña de esquí levarase a cabo en seis quendas a partir da terceira semana de xaneiro, coa chegada das persoas participantes o venres antes da cea e a súa saída o luns despois da cea. O transporte desde a comarca de orixe está incluído na oferta e os puntos de recollida anunciaranse na páxina web da Deputación da Coruña con suficiente antelación.

A Deputación asumirá a maioría dos gastos, que inclúen cursos de esquí, transporte dende o punto de recollida, aloxamento, manutención, monitores, material de esquí e diversas actividades.

Nesta Campaña de Neve 2024 ao Concello de Muros correspóndenlle 6 prazas na 4ª quenda, dende os días 2 ao 5 de febreiro.

Os prazos importantes a ter en conta durante a campaña de neve 2024 son os seguintes:

  • Inscricións dos nenos/as: do 9 de novembro ao 1 de decembro para a cal deberá entregar a ficha de inscrición no rexistro xeral do Concello de Muros
  • Sorteo de prazas: do 4 ao 13 de decembro, con prioridade para quen non asistisen previamente.

En caso de máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público ante o secretario/a de o municipio para a adxudicación das mesmas.

CartelFicha de inscriciónAutorización para a administración de medicación e información sobre alerxias

+ información: Campaña da neve 2024 (dacoruna.gal)