O prazo de solicitude de inscrición establécese do seguinte xeito:
- Solicitude de inscrición: das 8.30 h do 15 de maio ata as 14.00 h do 1 de xuño.
- Horario de presentación das solicitudes de xeito presencial no Rexistro Municipal: de 9.00 h a 14.00 h.
- Sorteo: 13 de xuño (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
- O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 da mañá.
Tipos de solicitude:
- Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.
Como cubrir a solicitude:
- Cada solicitante cubrirá unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de tres (3) quendas.
Idades
- Nenas/os nadas/os nos anos 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012 e 2011
Número de nenos/as por quenda: máximo de 14
As quendas establécense do seguinte xeito:
- Muros: do 3 ao 14 de xullo
- Esteiro: do 3 ao 14 de xullo
- Muros: do 17 ao 31 de xullo
- Esteiro: do 17 ao 31 de xullo
- Muros: do 1 ao 14 de agosto
- Esteiro: do 1 ao 14 de agosto
- Muros: do 16 ao 31 de agosto
- Esteiro: do 16 ao 31 de agosto
A persoa solicitante só poderá participar nunha quenda.
Horario:
- Entrada: entre as 9.00 e as 10.00 h
- Saída: entre as 13.00 e as 14.00 h
De luns a venres na quenda que corresponda, os días festivos non terá lugar a actividade.
Lugares:
- Muros: Pavillón de Miraflores ou no Centro San Xosé
- Esteiro: Pavillón Xosé Lago
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do seguinte formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/4vpxi8cTi3EWc5BV6
SOLICITUDE CAMPAMENTO VERÁN.PDF