O prazo de solicitude de inscrición establécese do seguinte xeito:
- Solicitude de inscrición: das 8.30 h do 15 de maio ata as 14.00 h do 1 de xuño.
- Horario de presentación das solicitudes de xeito presencial no Rexistro Municipal: de 9.00 h a 14.00 h.
- Sorteo: 6 de xuño (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 h da mañá.
Tipos de solicitude:
- Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.
Idades
- Nenas/os nadas/os nos anos 2015, 2016, 2017, 2018, 2019
Número de prazas por quenda: 6
As quendas establécense do seguinte xeito:
- Xullo en Muros
- Xullo en Esteiro
- Agosto en Muros
- Agosto en Esteiro
A persoa participante só poderá participar nunha quenda.
Horario:
- Entrada: de 9.00 h a 10.00 h
- Saída: de 13.00 h a 14.00 h
De luns a venres na quenda que corresponda, os días festivos non terá lugar a actividade.
Lugares:
- Muros: Pavillón de Miraflores ou Centro San Xosé / Esteiro: Pavillón Xosé Lago
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do seguinte formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/MoKH2qjNTiKfTDRh8
SOLICITUDE CAMPAMENTO CONCILIA.PDF