BASES XERAIS DE REGULACIÓN DO CAMPAMENTO MUROS CONCILIA DE SEMANA SANTA PARA O ANO 2022.
PRAZO DE SOLICITUDE
- O prazo de solicitude de inscrición nos campamentos establécese do seguinte xeito:
- Solicitude de inscrición: do 14 marzo ata ás 14.00 h do 31 de marzo (ambos incluídos).
- Sorteo: 1 de abril (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
- Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia:
- A través do formulario: https://forms.gle/3PzbDvpbDfNrm7Tr8
- A adxudicación pode ser:
- Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
- Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia.
Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.
- Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.
IDADES E HORARIO
- Idades
- Nenas/os nadas/os nos anos: 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011 e 2010
- Número máximo de nenos/as por lugar: 20
- As datas establécense do seguinte xeito:
- 11, 12 e 13 de abril 2022
- Horario:
- Entrada: entre as 9.00 e as 10.00 h
- Saída: entre as 13.00 e as 14.00 h
- Lugares:
- Muros: pavillón de Miraflores
- Esteiro: pavillón Xosé Lago
- Información:
- Servizos Sociais: 981 762 46
Bases xerais reguladoras para a participación no campamento Muros Concilia na Semana Santa 2022
Formulario: https://forms.gle/VZdSzF2YkpnAVUPT9