Obxecto: Aprobación das bases que regulan as actividades de conciliación Campamento urbano de Semana Santa do Concello de Muros.
RESOLVO:
PRIMEIRO.- Aprobar as seguintes bases de selección para o campamento de conciliación de Semana Santa do concello de Muros.
BASES DE SELECCIÓN DO CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA DO CONCELLO DE MUROS
ARTIGO 1.- Obxecto e ámbito de aplicación as presentes bases teñen como obxecto establecer os criterios de selección para a participación no campamento de conciliación de Semana Santa do Concello de Muros, que se desenvolverá durante os días 29,30, 31 de marzo e 5 de abril para os/as menores do municipio.
Este campamento de Semana Santa ten a finalidade de facilitar unha alternativa de ocio para as nenas e nenos promovendo así a conciliación familiar durante o período de Semana Santa.
As actividades que se desenvolverán terán carácter lúdico: manualidades, obradoiros de refugallo, actividades deportivas…
ARTIGO 2.- Persoas destinatarias
O campamento urbano de Semana Santa está destinado a nenos e nenas entre os anos 2009 e 2017, ámbolos dous incluídos.
ARTIGO 3.- Lugar e período de realización
O campamento desenvolverase no antiga fábrica de Sel os días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril. O horario será de 10:00 a 13:30 horas.
ARTIGO 4.- Numero de prazas ofertadas
a) O campamento de conciliación de Semana Santa oferta 8 prazas para os nenos e nenas que cumpran os requisitos de admisión.
ARTIGO 5.- Prazo de solicitude
A presentación de solicitudes realizarase os días 25 e 26 de marzo.