DOCUMENTAL | “Bravú XXX” de Nós Televisión

📅 Sábado, 16 de novembro ás 20.30 h.
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎟 Entrada gratuíta con reserva previa: https://forms.gle/nhNF4K8j8ZG7WdgR7
⏳ Duración: 60 min
ℹ️ Reserva dispoñible nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8:00 a 15:00 h.

O Concello de Muros é un dos 25 concellos onde se proxectará o documental Bravú XXX, unha homenaxe á historia e evolución do movemento Bravú en Galicia. Esta peza de Xurxo Souto recolle testemuños de figuras fundamentais como Os Vacalouras, Sés, Nuno Pico e Johnny Rotring, que achegarán ao público as raíces e o espírito rebelde deste movemento musical que marcou os anos 90 e continúa influíndo a escena galega.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca: “Este documental ofrece unha oportunidade única para revivir a rebeldía e a autenticidade que definen ao Movemento Bravú e que deixaron unha fonda pegada na nosa cultura. Queremos que a veciñanza de Muros, e especialmente a mocidade, coñeza a historia e a forza deste movemento tan noso.”

Cultura da Deputación da Coruña impulsa esta iniciativa, que leva Bravú XXX a concellos de toda a provincia neste mes de novembro, achegando ao público a forza dun movemento clave na música galega.