Por Resolución de Alcaldía núm. 673/2020 de 17 de xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, e que se transcriben a continuación:
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2020 E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2020
1. Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2020, durante un período de 3 meses mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na resolución da contratación.
Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación de persoal por parte dos concellos para a limpeza de praias marítimas, solicitada dentro da convocatoria de subvencións da Deputación aprobadas na Xunta de Goberno do 10 de febreiro de 2020 e publicadas no BOP núm. 29 de 12 de febreiro de 2020.
No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto.
2. Características do posto
Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Prazas: 5
Duración: 3 meses e 10 días
Grupo: V
Soldo: 1.108,34 euros
Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación. Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.
3. Sistema de selección
O sistema de selección será de concurso-oposición que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.