O Concello de Muros abre o prazo de inscrición para os campamentos de conciliación para o verán 2024.

Prazo de preinscrición: das 8.30 h do 15 de maio ata as 14.00 h do 26 de maio.

Como novidade este ano os campamentos terán lugar no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Serres) e no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (Esteiro) durante os meses de xullo e agosto:

Formulario de preinscrición electrónico: https://forms.gle/HoDotUafE8MtVN5A8


Anuncio das bases e convocatoria do proceso selectivo dunha praza de oficial condutor de tractor persoal

Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP o día 9/5/2024.

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 442/2024 de 24 de abril, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo dunha praza de oficial condutor de tractor, como persoal laboral interino grupo IV e a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Muros e que se transcriben a continuación:

BASES DA CONVOCATORIA QUE REXERÁN O PROCESO SELECTIVO MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO OPOSICIÓN PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE OFICIAL CONDUTOR TRACTOR, PERSOAL LABORAL INTERINO GRUPO IV E A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE MUROS

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto desta convocatoria a cobertura dunha praza de oficial condutor de tractor (grupo IV) baixo a modalidade contractual de persoal laboral interino e a creación dunha bolsa de emprego. A xornada laboral será de 37,5 horas semanais, cos descansos establecidos legalmente.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

As funcións a desenvolver son as propias do posto, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo de obras do Concello de Muros.

As retribucións serán as correspondentes ao grupo laboral IV, xunto cos demais complementos da praza, de acordo co cadro de persoal dos orzamentos de Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

….

BOP BASES OFICIAL TRACTOR

Formulario: 
https://sede.muros.gal/sxc/export/sites/muros/recursos/downloads/Varios/ANEXO-II-SOLICITUDE-EMPREGO-2024-SEN-MERITOS.pdf

Taboleiro de anuncios: https://sede.muros.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240509110026520.html


TEATRO | “Made in Galiza” de Sarabela Teatro

“Made in Galiza” de Sarabela Teatro

📅 Sábado, 11 de maio ás 20.30 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
👀 Público: + 14 anos
🎭 Clasificación: Comedia
🎫 Entrada: 3,50 €
💻 Reservas: Formulario

ℹ️ A compra de entradas por adiantado tamén se pode realizar nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h

🎭 Sobre “Made in Galiza”:
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non a imos perder nin en soños porque co galego imos “ao fin do mundo” e quen o proba o sabe!
A obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 foi elixida como Libro do Ano no 2017, e xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da
nosa cultura (foi Castelao quen dixo: “se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”).

👥 Elenco artístico:
Fernando Dacosta, Elena Seijo, Josito Porto e Sabela Gago


MES DAS LETRAS GALEGAS | XVI MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO | DO 3 A O 25 DE MAIO DE 2024

Neste mes, o Concello de Muros vai celebrar o Mes das Letras en homenaxe á escritora Luísa Villalta, figura destacada polo Día das Letras Galegas.

Entre as actividades programadas, destaca a Mostra de Teatro “Xosé Agrelo”, na que participarán todos os grupos de teatro afeccionado municipais coma os grupos de teatro de Outes e de Cacheiras. Ademais, haberá actividades dirixidas a todos os niveis dos centros educativos municipais, así como ás entidades Adisbismur e Asociación Misela.

O 17 de maio terá lugar o acto e a ofrenda en honra a Xosé Agrelo en Esteiro, evento no que o Concello de Muros participará institucionalmente por primeira vez.

PROGRAMA
(descargar)

PRESENTACIÓN LITERARIA
VENRES, 3 DE MAIO
Patricia Torrado Queiruga “Ouveos Fractais“
19.00 h
Centro Agro Vello de Tal

CHARLAS
LUNS, 13 DE MAIO
Orgullo Galego
Charlas “O galego nas redes sociais”
10.30 h
IES Fontexería

MOSTRA DE TEATRO “XOSÉ AGRELO”

VENRES, 10 DE MAIO
O Xeito Teatro
“As laranxas, máis laranxas de tódalas laranxas”

10.30 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

MARTES, 14 DE MAIO
Sarabela Teatro
“Made in Galiza”

10.30 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

MÉRCORES, 15 DE MAIO
Luís Vallecillo
“Neofalante”

10.30 h e 12.00 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

XOVES, 16 DE MAIO
Grupo de teatro ACC Terra de Outes
“Comedia bífida”

20.30 h
Aberto a todo o público
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

DÍA DAS LETRAS GALEGAS | VENRES, 17 DE MAIO

ACTO E OFRENDA A
“XOSÉ AGRELO HERMO“

13.30 h
Alameda de Esteiro

Pakolas
“Cores contos coa Ramona pequena”

14.00 h
Alameda de Esteiro

ANPA Ricardo Tobío
“O espantallo”

18.00 h e 20.00 h
Local social da SCRD Esteirana

Pakolas
“A Ramona pequena vai á Lúa”

20.00 h
Praza do Mercado de Muros

SÁBADO, 18 DE MAIO
Quenchedera Teatro
“Perdón que che chapuse”

20.30 h
Aberto a todo o público
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

MARTES, 21 DE MAIO
Grupo de Teatro IES As Insuas
“A galiña azul”

10.30 h e 12.00 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

XOVES, 23 DE MAIO
ADISBISMUR
“Disques” e “Camiño a Santiago”

11.00 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

VENRES, 24 DE MAIO
Aquelando Teatro
“Muros Nova Iorque”

20.30 h
Aberto a todo o público
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

SÁBADO, 25 DE MAIO
Aulas de teatro CPI Fonte de Touro, IES Cacheiras, IES Antón Fraguas e Obradoiro Municipal de Palas de Rei
“A luz das candeas”

20.30 h
Aberto a todo o público
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros


EMPREGO | Anuncio das bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal de monitor/a de tempo libre

Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP o 30/04/2024.

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 439/2024 de 22 de abril, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal de monitor/a de tempo libre (grupo IV) do Concello de Muros e que se transcriben a continuación:

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE (GRUPO IV) DO CONCELLO DE MUROS

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego de monitor/a de tempo libre para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas das especialidades profesionais correspondentes.

A bolsa de emprego, que se formará pola relación de persoas aspirantes que superaran este proceso selectivo, destinarase á contratación do persoal que a integre cando sexa preciso cubrir temporalmente algunha praza de monitor/a de tempo libre.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

As funcións a desenvolver son as propias do posto, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do Concello de Muros. As retribucións están establecidas en 1.323€/brutos mes por todos os conceptos, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado. A duración da xornada laboral establecerase segundo as necesidades do servizo.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema de selección o de concurso oposición.

….


O Concello de Muros celebrará por primeira vez o “Día do Circo” da man de PistaCatro

O Concello de Muros vai celebrar por primeira vez o Día do Circo e quere facelo con todas/os vós. O espectáculo chega da man da compañía PistaCatro, galardoada co premio de Cultura de Galicia na modalidade de artes escénicas.

Qué é Petit Cabaré? Pois un produto para gourmets, a flor e nata, a crême de la crême. Goce os sketchs máis deliciosos, as maiores proezas condensadas, unha compilación de éxitos por parte de PistaCatro, the very best of, unha verdadeira antoloxía dos mellores momentos de tres artistas reunidos nun só volume.

Petit Cabaré trátase dun espectáculo multidisciplinar e variado a cargo de tres intérpretes que darán o mellor de si en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de achegar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

PistaCatro “Petit Cabaré” – Día do circo

| Sábado, 20 de abril ás 18.00 h
| Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
|  Público: A partir de 4 anos
| Clasificación: Circo
| Entrada: 3,50 €

| Reserva de entradas: https://forms.gle/fWT5k6eUbePvswMJ6


EMPREGO | Bases e convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal temporal de limpador/a de edificios públicos e vía pública do Concello de Muros

Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP (08/04/2024)

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 341/2023 de 1 de abril, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal temporal de limpador/a de edificios públicos e vía pública do Concello de Muros e que se transcriben a continuación:

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL DE LIMPADOR/A DE EDIFICIOS PÚBLICOS E VÍA PÚBLICA (GRUPO V) DO CONCELLO DE MUROS

1. – OBXECTO DAS BASES

É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego de limpador/a de edificios públicos e vía pública para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas das especialidades profesionais correspondentes.

A bolsa de emprego, que se formará pola relación de persoas aspirantes que superaran este proceso selectivo, destinarase á contratación do persoal que a integre cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza.

b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas.

c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal.

2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

As funcións a desenvolver son as propias dos postos, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo do Concello de Muros. As retribucións serán as correspondentes ao grupo laboral V, xunto cos demais complementos da praza, de acordo co cadro de persoal dos orzamentos de Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado.

3.- SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema de selección o de oposición libre.

4.- REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES (ver bases)


Participación do comercio local (autónomos e empresas) no Mercado Mariñeiro Tradicional das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” que terán lugar os días 5, 6 e 7 de xullo 2024

ANUNCIO

Todos aqueles establecementos (autónomos ou empresas) interesados en contar cun posto para ofertar os seus produtos no Mercado Mariñeiro Tradicional “Muros Mira ao Mar”, deberán solicitalo segundo o modelo achegado.

O prazo para a presentación de solicitudes de “posto” será do 10 ao 24 de abril. As solicitudes deberán ser entregadas no Rexistro de entrada do concello de Muros ou presentadas na sede electrónica do concello, sede.muros.gal coa seguinte documentación:

  • Planos e descrición detallada do establecemento/posto (decoración, cartelaría, produtos…)
  • Planos da localización establecemento/posto (dimensións, localización nun plano, coordenadas…)
  • Último recibo de pago de traballo autónomo (no caso de autónomos) ou último recibo de pago da seguridade social da empresa (no caso de empresas)

Insistimos na importancia de que durante os días das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” todos os establecementos da vila de Muros manteñan unha estética respectuosa coa celebración.

A alcaldesa do Concello de Muros